Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A emisión do programa de RTVE "Gen Playz" provocará unha gran despregadura de medios no Mercado Municipal

A Concellaría de Mobilidade habilitará zonas de carga e descarga alternativas na contorna do edificio dende o martes pola tarde ata o venres pola mañá

Luns 4 de abril do 2022 Cultura

O contido de Playz, que foi galardoado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, acompañaranos neste Carballo Interplay co seu primeiro directo dende Galicia nun dos seus formatos estrela: Gen Playz.

Xunto a Inés Hernand, que conducirá en directo este programa especial, hoxe soubemos que estarán Refix, Marcelo Lusardi, Ortiga, Aida Tarrío, Esther Estévez, Laura (Le Petit Patito), Tamara Pazos (Putamen_t) e Malva, e ademais contaremos coas actuacións de Tanxugueiras e Rastreadores. O programa realizarase o día 7, ás 20.00 horas, no Mercado Municipal. As prazas para asistir como público xa están completas, pero poderás seguilo en directo aquí.

Zonas de carga e descarga

A presenza do equipo de RTVE en Carballo provocará unha gran despregadura de medios no Mercado Municipal e nas rúas da zona. A Concellaría de Mobilidade habilitará zonas de carga e descarga alternativas na contorna do edificio, xa que a rúa Cervantes e un treito da Gran Vía estarán ocupadas dende o martes pola tarde ata o venres pola mañá polo equipo da cadea estatal de televisión. 

Desculpa as molestias e grazas pola túa colaboración.

Compartir: