Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Se non podes resistirte á bibliomanía, únete a ela!

Música, teatro, exposicións e moita literatura enchen a programación dos primeiros meses do ano na Biblioteca Rego da Balsa

Venres 18 de febreiro do 2022 Cultura

O mellor é que non intentes resistirte á bibliomanía, porque co programa que temos preparado para os primeiros meses do ano na Biblioteca Rego da Balsa vaiche resultar imposible. Así que, despois da fantástica estrea do Curruncho Pop con Jamie Perrett e de volver a achegarnos á realidade dos países árabes a través do ciclo de cine Amal en Ruta, prepárate para seguir desfrutando da música, o teatro, as exposicións e, por suposto, da literatura. Bota unha ollada!

Música

Despois de saír do seu confinamento co único concerto de Jamie Perrett por este curruncho do mapa, o público do noso particular Curruncho Pop poderá seguir gozando da música tanto nos concertos coma nas presentacións de libros de música previstos para os vindeiros meses. Lembrámosche a programación:

  • 5 de marzo: Presentación do libro ‘Townes Van Zandt. La eternidad en una canción’ co xornalista musical Álvaro Alonso e concerto de Hendrik Roever (Del-Tonos) e Óscar Avendaño (Siniestro Total), que farán un percorrido musical pola obra do lendario compositor americano.
  • 26 de marzo: Luis Lapuente e David Moreu falarán da historia do soul, e despois actuarán a carballesa Huguette Periscal e a banda coruñesa Madame Bird.
  • 7 de maio: Rosalía Fernández Rial presenta Desnortadas acompañada por María Álvarez Santiago.
  • 21 de maio: Magín Blanco, acompañado polo xornalista e escritor Carlos Rego, presentará o libro Magín Blanco. O camino da luz, e actuará de seguido.
  • 4 de xuño: O ex Duncan Dhu Diego Vasallo pechará o Curruncho Pop presentando en Carballo o seu último disco, Las rutas desiertas.
  As presentación literarias comezarán ás 19.30 horas e os concertos, ás 20.30. Lembra reservar entrada, de balde, no 981 758 580.

Contacontos infantís

Aínda que xa levan uns meses entre nós, os Ratos de Lonxedetodo teñen aínda moitas historias que contar e cantar antes de que remate o curso. Lembra que temos dúas funcións por xornada, ás 17.00 e ás 18.30 horas, e que podes reservar entrada, de balde, dende o mércores anterior a cada espectáculo. Estas son as citas pendentes da rapazada de 4 a 8 anos cos famosos ratos de biblioteca de TrinkeTrinke Teatro:                      

  • 23 de febreiro: As illas do tesouro
  • 9 de marzo: Cores e persoas
  • 23 de marzo: Viaxe a Sudamérica
  • 6 de abril: O cole de Lonxedetodo
  • 18 de maio: Avós
  E, ademais, os días 27 de abril e 4 de maio ofrecerannos contacontos en francés, para que a cativada teña a oportunidade de coñecer o idioma dos nosos irmáns de L’Isle Jourdain.

Literatura

A colaboración entre a Biblioteca Rego da Balsa e o Comité de Irmanamento con L’Isle Jourdainnon se limita ás sesións de contacontos, senón que tamén compartimos clubs de lectura. O club da biblioteca reúnese cada 15 días, os luns, e o club de lectura en francés, todos os sábados. Se tes interese, infórmate!

Pero se falamos de literatura, nos vindeiros meses imos ter moita e moi boa. Ademais de todas as obras relacionadas coa música que nos traerá o Curruncho Pop, marzo vai ser o mes das presentacións, con todas estas citas: 

  • 4 de marzo (19.00 horas): O sarcoma día a día, de Carolina Castiñeiras e Iara Mantiñán Búa.
  • 8 de marzo (20.00 horas): Pioneiras da ciencia en Galicia, de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland.
  • 18 de marzo (20.00 horas): Carballo. Guía ilustrada de arquitectura, de Xaime Díaz Alonso.
  • 24 de marzo (20.00 horas): Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I. A relevancia do reino medieval galego, de Francisco Rodríguez.
E, continuando coa literatura, o 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía agasallando a todas as persoas que se acheguen ata as bibliotecas municipais cunha chapa coa imaxe da autora ilustrada por Mon Lendoiro para o Concello de Carballo.

Exposición

A variedade é un dos sinais de identidade da oferta da Biblioteca Rego da Balsa, que nesta ocasión mestura cultura, deporte e reivindicación na exposición da Plataforma Vía Galega “Galiza: un pobo, unha selección”. Podes visitala ata o 28 de febreiro no primeiro andar da biblio. Lembrámosche os horarios: de luns a venres, de 09.30 a 20.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

Compartir: