Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A música "made in Galicia" interpreta a banda sonora do mes de novembro en Carballo

O clásico Live in Cances marca nesta noite de sábado o punto de partida dun variado “Novembro con música”

Sábado 13 de novembro do 2021 Cultura

O xa clásico “Live in Cances” chega nesta noite de sábado con moitos decibelios para anunciar que volve “Novembro con música”. Despois dun ano de ausencia, o festival organizado pola Asociación Cultural San Campio acada a súa 15ª edición coas precaucións e as medidas de prevención da COVID-19 precisas, pero, como apuntan dende a entidade, o obxectivo é “ir retomando pouco a pouco a actividade”. Así, aínda cun formato máis reducido, o sábado non poderás resistirte a bailar, aínda se sexa na cadeira, e a facerlles os coros a Versión Imposible e The Cerne Revival, que non nos cabe dúbida de que trunfarán unha vez máis. A música empezará a soar ás 21.00 horas no Centro Social de Cances, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Este ano a da Asociación Cultural San Campio é a única colaboración “externa” do tradicional programa de concertos do mes de novembro, no que terán un especial protagonismo as agrupacións do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo e no que concentramos unha oferta de estilos moi variados pero que levan o selo “made in Galicia”. Folk, música clásica, popular, rock, pop... ata o 19 de decembro poderás desfrutar dunha oferta para todos os públicos e para todos os gustos, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

BÓTALLE UNHA OLLADA AO PROGRAMA!

Mércores 17 novembro | 18.00h |  FRANSY GONZÁLEZ E DAVIDE SALVADO
CONCERTO DIDÁCTICO destinado para alumnado do Conservatorio Pazo da Cultura
A Concellaría de Cultura colaborará coa Deputación da Coruña neste concerto que nos invita a celebrar a conmemoración do Día Mundial do Patrimonio Mundial cun concerto didáctico de música tradicional galega, a cargo de dous artistas importantes en Galicia, Fransy González e Davide Salvado.
Colabora: Deputación da Coruña

Venres 19 novembro | 21.00 h | MARÉS SONORAS
Entrada libre ata completar aforo Pazo da Cultura
Marés Sonoras presentará o seu novo disco Soños Ibéricos, unha visión actauliazada das diferentes sonoridades da música que nace entre o Atlántico e o Mediterráneo. Grazas a este quinteto de voz, vibráfono, saxo, contrabaixo e percusión poderemos viaxar a través do mar por distintas culturas acadando unha magnífica evocación sensorial.
Colabora: Deputación da Coruña

Domingo 21 novembro | 18.00 h |  CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
Entrada libre ata completar aforo Pazo da Cultura 
Como en case todos os programas da Concellaría de Cultura, en Novembro con Música estará presente tamén a oferta para o público familiar. Nesta edición contaremos con CULTURACTIVA PRODUCIÓNS co espectáculo desconcerto, unha aposta polo humor misturado coa música culta. A combinación de música, teatro, humor e moito ritmo ofrecerán unha imaxe amena e atractiva da música clásica e os seus compositores Bach, Beethoven, Mozart ou Rossini. Entre outros.
Colabora: Deputación da Coruña

Venres 26 novembro | 21.00 h | CAAMAÑO & AMEIXEIRAS
Entrada libre ata completar aforo
O grupo Caamaño & Ameixeiras, recentemente premiado co Martín Códax ao mellor grupo folk, presentará o seu novo traballo, Aire!, no auditorio do Pazo da Cultura. Este dúo está ligado á música e ao baile tradicional, que se resperesenta nest edisco Aire!, unha invitación a cantar e bailar grazas a sons  recoñecibles da música galega e das súas tradicións. As dúas integrantes, Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), teñen como punto de partida a tradición para crear despois a súa propia linguaxe.
Colabora: Deputación da Coruña

Sábado 27 e martes 30 novembro  |  20.00 h | CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
Entrada libre ata completar aforo Pazo da Cultura
A presenza dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de carballo non podería faltar á cita de Novembro con Música. Nesta ocasión,  con dous concertos, o da Banda de Música do Conservatorio de Carballo, o sábado 27 de novembro ás 20.00 h, e o da Big Band do Conservatorio o martes 30 de novembro ás 20.00h.

Sábado 11 decembro | 20.00 h | CHICHARRÓN
Entrada libre ata completar aforo
O grupo carballés Chicharrón presentará o seu novo disco Unha fronteira intacta, “un  álbum verdadeiramente inspirador, un novo manifesto humanista e artístico nunha banda sempre inquieta, sempre sorprendente” tal como eles o definen.   Esta é unha oportunidade única de achegarnos a este formación musical en continua mutación a longo da súa traxcetoria, e onde as colaboracóns forman parte da súa natureza.

Domingo 19  decembro | de 09.00 a 15.00h |  SOMOS PANDERETEIRAS
Xornada  de encontros no Pazo da Cultura
Encontro de asociacións culturais de pandereteiras da provincia da Coruña que realizarán unha xornadas abertas o domingo 19 de outubro para todas as asociacións de pandereteiras que desexen participar, para o cal será preciso realizar inscrición previa.
Organiza: Mercedes Peón cos grupos de pandeireteiras de Xirifeiras de Fene, Rosalía de Castro de Padrón e Raigañas de Cerqueda.
Patrocina: Deputación da Coruña.

Compartir: