Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DÍAS 14, 19 E 22 DE AGOSTO

Bota unha ollada! Aquí atoparás todas as actividades paralelas da edición estival de "Derrubando muros con pintura"

Obradoiros, música, poesía, rutas e moita arte para encher dez días do mes vacacional por excelencia

Martes 10 de agosto do 2021 Cultura

Esta semana volve Derrubando muros con pintura nunha edición estival organizada polas concellarías de Turismo e Mocidade. Entre o xoves 12 e o domingo 22 de agosto catro novas creadoras e creadores de Carballo realizarán outros tantos murais mentres a veciñanza pode ir observando o progreso do seu traballo. Trátase dunha aposta por novos valores da vila, xa que todos os artistas son moi novos, ningún supera os 25 anos e unha delas ten só 19 anos. Eles son:

  • Isa Bermúdez, que actuará na rúa Xazmíns.
  • Nere Rama “Bailando na lúa”, que pintará na traseira da Ludoteca Municipal.
  • Nazaret, que estará traballando na rúa Igrexa (zona parking do San Martiño).
  • Tucho, que pintará na rúa Fábrica (nova situación, xa que por un contratempo de último momento non poderá ser no IES Alfredo Brañas).

Ademais de ter a oportunidade de ver a estas novas creadiras e creadores expresar todo o seu talento en catro novos murais que darán vida ás rúas de Carballo, durante estes dez días de pintura tamén haberá actividades organizadas arredor da arte, todas elas de balde, que inclúen concertos, faladoiros, recitais e obradoiros para adultos e rapazada. 

Sábado 14 de agosto no palco da rúa Jacinto Amigo Lera. Con acceso libre ata completar aforo:

  • 20.30 h. Faladoiro. Encontro cos catro artistas que pintan este verán en Carballo: Isa Bermúdez, Nere Rama “Bailando na lúa”, Nazaret e Tucho. Moderado pola Concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez Cotelo.
  • 21.30 h. Recital poético con Rosalía Fernández Rial, escritora carballesa. 
  • 22.00 h. Concerto con Mr. Kilombo. Miki Ramírez, xunto a toda a súa banda, ofrece unha posta en escena enérxica dentro da xira por toda España Contra todo pronóstico, que está en marcha desde principios de 2021.  
Xoves 19 de agosto:
  • Obradoiro de rotulación.
De 10.00 a 14.00 h. nun escaparate do Mercado Municipal. Para maiores de 16 anos. Necesaria preinscrición previa. Valorarase que o perfil dos e das interesadas estea relacionado coas belas artes. Aforo máximo 8 persoas.
     Domingo 22 de agosto (distintas localizacións):
    • 10.00 h. Obradoiro de pintura para nenos e nenas. De 10.00 a 14.00 h. en dúas quendas: de 10:00 a 11:45 e de 12:00 a 13:45 h. Os/as participantes terán a oportunidade de pintar un novo mural na rúa Bos Aires coa axuda dos e das artistas. Para rapazada de 6 a 11 anos. Necesaria inscrición previa. Aforo máximo de 10 cativos/as por quenda.
    • 20.30 h. Ruta guiada polos murais finalizados. Será necesaria inscrición previa. Saída dende o Museo de Bergantiños-Oficina de Información Turística.
    • 21.30 h. Concerto con Pauliña. Palco da Rúa Jacinto Amigo Lera. A artista de Cambados vén de lanzar o seu terceiro traballo discográfico baixo o título Testemuñas e durante o concerto reflectirá o contido do álbum, que ten aproximacións ao blues, ao rock, ao country e mesmo ás rancheiras e ao reggae. Acceso libre ata completar aforo.

    + INFO

    1. As inscricións nos obradoiros realizaranse a partir do xoves 12 de agosto a través dun formulario online que estará dispoñible en www.derrubandomuros.gal e tamén pode pedirse máis información en turismo@carballo.gal e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402.
    2. No caso do obradoiro de rotulación trátase de preinscrición, porque para a admisión valorarase que o perfil dos/as interesados/as estea relacionado coas belas artes.
    3. No caso do obradoiro para a cativada será inscrición directa por orde de solicitude.
    4. As inscricións para a ruta guiada polos murais poderá facerse a través de turismo@carballo.gal e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402, tamén a partir do 12 de agosto.
    5. Todas as citas celebraranse respectando todos os protocolos de seguridade e os aforos COVID-19.

    Compartir: