Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ABERTO DENDE HOXE!

"A Praia dos Libros" amplía a súa oferta cun servizo de biblioteca e punto de información turística en Razo

Esta fin de semana, ademais, mercar un libro en Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo ten un 10% de desconto

Venres 9 de xullo do 2021

Hoxe abrimos as portas da biblioteca coas mellores vistas do mundo. Este verán, ademais de tomar o sol, practicar surf, bañarte ou xogar ao volei, en Razo tamén terás ao teu alcance os últimos éxitos literarios e un punto de información turística no que poderás poñerte ao día de todo o que pasa no noso concello e na contorna. A Praia dos Libros, un novo espazo compartido polas Bibliotecas de Carballo e a Oficina de Información Turística, abriu portas e ventás na praia de Razo. Ata alí achegáronse o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez; o alcalde, Evencio Ferrero, e tamén a futbolista Elena Vázquez, imaxe da campaña de promoción á lectura deste verán.

Utilizar a bibliopraia vai ser moi doado. Estará aberta de luns a venres, de 13:30 a 17:30 no mes de xullo e de 13:30 a 16:30 no de agosto, e funcionará o mesmo sistema que as bibliotecas da vila. Para utilizala deberás amosar o teu carné da biblioteca, co que poderás acceder ao préstamo de material durante sete días. Se non tes carné dámosche dúas opcións: ou ben facelo na propia bibliopraia (só precisarás o DNI) ou ben recorrer ao servizo de bookcrossing, de uso libre.

No mesmo emprazamento, moi próximo ao posto principal do servizo de salvamento e perfectamente identificado, tamén temos habilitado un novo punto de información turística que funcionará de martes a venres en horario de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a a 18:30, e as fins de semana, de 11:00 a 15:30. A oficina de turismo situada no Museo de Bergantiños continuará prestando servizo de xeito paralelo, aínda que cun novo horario durante o verán: de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00, e as fins de semana de 10:00 a 14:00.

Elena Vázquez, imaxe da campaña

Elena Vázquez, imaxe da campaña

A Praia dos Libros, como sabedes, tamén inclúe unha campaña de promoción da lectura que estamos a desenvolver do 1 ao 15 de xullo en colaboración coas librarías locais Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo. Pero esta fin de semana é especial. Dende hoxe ata o domingo 11 as compras de libros terán un 10% de desconto. E, ademais, lembra que durante toda a promoción por cada compra igual ou superior a 15 euros que realices en calquera das cinco librarías adheridas, recibirás un rasca co que poderás gañar outros vales desconto de 15 euros para seguir mercando libros no mesmo establecemento.

Compartir: