Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Carballo recupera este verán as "Noites de cine" con animación, aventuras e as mellores películas galegas

As proxeccións realizaranse os días 9 e 15 de xullo e 12 e 19 de agosto, con acceso libre e de balde ata completar aforo

Martes 6 de xullo do 2021 Cultura

Este verán volven as “Noites de Cine” a Carballo!

A Concellaría de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, recupera as proxeccións ao aire libre como unha das numerosas actividades de ocio das que poderemos gozar ao longo do Verán Cultural. Moi pronto presentaremos o programa completo, pero, para ir abrindo boca, aquí tedes un cartel no que hai animación, aventuras e o mellor cine galego:

9 de xullo, venres

A GALIÑA TURULECA
Rúa Jacinto Amigo/ 22.00 h
79 minutos/Todos os públicos
A galiña Turuleca é unha galiña singular. O seu peculiar aspecto provoca as burlas do resto do galiñeiro. Un día, Isabel, unha ex-profesora de música, lévaa a vivir á súa granxa e todo cambia para Turuleca, xa que descobre o seu verdadeiro talento: cantar.
Gañadora do Premio Goya 2020 á Mellor película de animación.

15 de xullo, xoves

A ILLA DAS MENTIRAS
Praia de Razo/ 22.00h
93 minutos/Maiores de 12 anos
Xaneiro de 1921. O buque Santa Isabel, con destino Bos Aires, e con 260 pasaxeiros a bordo, afúndese en fronte á escarpada e dura costa da Illa de Sálvora. Esta é a historia do que verdadeiramente sucedeu no rescate de 50 persoas a mans de habitantes da illa, de como cambiou as súas vidas.

12 de agosto, xoves

SPIDER-MAN: Lonxe da casa
Pedra do Sal-Baldaio/ 22.00h
130 minutos/ Maiores de 7 anos
Peter Parker decide pasar unhas merecidas vacacións en Europa xunto aos seus amigos Ned e Michelle, pero os seus plans son truncados cando Nick Fury lle encomenda unha nova misión: frear o ataque dunhas criaturas que están causando o caos no continente.

19 de agosto, xoves

ONS
Rúa Jacinto Amigo/ 22.00 h.
87 minutos/Maiores de 12 anos

Vicente e Mariña viaxan a Ons para pasar o verán. El aproveitará as vacacións para recuperarse dun accidente e das súas consecuencias psicolóxicas. Co paso dos días, o matrimonio irá descubrindo segredos gardados da súa relación de parella.
Película premiada co Premio Mestre Mateo 2021 á Mellor película.

Compartir: