Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ENTRE MARZO E MAIO DESENVOLVÉRONSE UNHA TRINTENA DE ACTIVIDADES

A "Cultura con forza" chegou a máis de 10.000 persoas grazas á iniciativa do Concello de Carballo de manter a actividade presencial e online

As exposicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eiris e do Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez manteñen a actividade nestes primeiros días de xuño

Martes 1 de xuño do 2021

A exposición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís está aberta ata o día 7

A exposición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís está aberta ata o día 7

Máis de 10.000 persoas desfrutaron dos tres meses de “Cultura con forza” que programamos dende a Concellaría de Cultura para reivindicar a actividade cultural como unha das fortalezas da sociedade, para poñer en valor a capacidade creativa dun sector moi castigado pola pandemia e para reforzar o papel dinamizador do Concello de Carballo, que se antes da crise sanitaria era unha referencia en Galicia pola súa programación cultural, tamén nestes tempos difíciles segue apostando pola cultura dunha maneira continuada e, sobre todo, segura.

Entre os meses de marzo e maio desenvolvéronse unha trintena de actividades. Espectáculos para todos os públicos e de todos os xéneros: teatro, música, danza, cine, artes plásticas... Ao longo desta semana aínda podemos seguir desfrutando dalgunhas destas propostas, xa que no Pazo da Cultura permanecen abertas de luns a venres as exposicións das edicións XXII e XXIII do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís e do Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez.

Grazas ás redes sociais, as limitacións de aforo establecidas en cada momento polos protocolos anti-covid non impediron que o público seguise gozando da cultura. As retransmisións en directo dos espectáculos musicais, teatrais e de danza que se desenvolveron no Pazo da Cultura, xunto coas sesións de contacontos dos Ratos de Lonxedetodo que tiveron lugar na Biblioteca Rego da Balsa, superaron as 10.000 visualizacións, sobre todo a través de Facebook.

O ciclo de cine euroárabe

O ciclo de cine euroárabe "Amal en ruta" volveu a ser un éxito

E nas propostas nas que non foi posible ofrecer esa opción, como nas proxeccións do ciclo de cine euroárabe “Amal en Ruta”, os asentos dispoñibles ocupáronse practicamente na súa totalidade todos os venres. Aforos limitados, uso de máscara, xel hixienizante, circuítos de entrada e saída, separación entre cadeiras... todas as medidas de prevención da COVID-19 necesarias para que, ademais dunha “Cultura con forza”, a veciñanza poida gozar dunha #culturasegura.

Compartir: