Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A PARTIR DO 3 DE MAIO PODERÁS VISITAR A EXPOSICIÓN DAS OBRAS SELECCIONADAS NAS DÚAS ÚLTIMAS EDICIÓNS

José Ignacio Vizoso Pena, Cándido Díaz Mosquera e Ángel Atanasio Rincón, gañadores dos premios do 23º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

O xurado tamén decidiu outorgar accésits á dúas obras presentadas por José Ángel Arias Tomás e Marcos Rodríguez Cotelo

Luns 19 de abril do 2021 Cultura

O xurado reuniuse o día 6 no Pazo da Cultura

O xurado reuniuse o día 6 no Pazo da Cultura

José Ignacio Vizoso Pena é o gañador Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís na súa 23ª edición. A súa obra Tienda de arte acadou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma. O segundo, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz e dotado con 750 euros e diploma, é para a fotografía titulada Entroido, de Cándido Díaz Mosquera, que foi o gañador do ano 2000, e o Premio Especial Carballo, que consta de 500 euros e diploma, corresponde a El sueño del pescador, de Ángel Atanasio Rincón, fotógrafo de Ciudad Real tamén coñecido no noso concello porque foi o gañador da 20ª edición do certame.

O xurado tamén decidiu outorgar accésits, patrocinados por Interfilm Carballo e dotados con 150 € e diploma cada un deles, ás fotografías Atrapada, de José Ángel Arias Tomás, e A fiestra dende a que non te vexo, de Marcos Rodríguez Cotelo, fotógrafo carballés que conta no seu haber con varias edicións do premio Xosé Manuel Eirís.

O xurado estivo integrado por Marcos Trigo Facal, concelleiro de Cultura, coma presidente; Ana María Rama Rama, en representación da Asociación de Veciños San Salvador de Sofán; Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor de fotografía da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Fernando Fernández Páez, fotógrafo profesional licenciado en Belas Artes; Antonio Gutiérrez Pereira, fotógrafo profesional e gañador do 1º premio da anterior edición do certame; María Victoria Rivadulla Conde, pintora, escultora e técnica de Cultura do Concello de Muxía, e María del Carmen Castro Pombo, xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria.

Este ano houbo 64 participantes, que presentaron un total de 153 obras. A partir do 3 de maio poderá visitarse no Pazo da Cultura unha mostra das fotografías gañadoras das edicións 22ª e 23ª, xa que a pandemia impediu realizar a exposición o ano pasado, xunto cunha pequena selección realizada polo xurado das obras presentadas ao certame.

Compartir: