Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Destacada presenza carballesa no mapa de nominacións aos Premios Mestre Mateo 2021

Dous usuarios do noso Coworking, as dúas series gañadoras do Premio a produción en lingua galega do último Carballo Interplay e o músico Sergio Moure optan aos galardóns

Venres 12 de marzo do 2021 Cultura

Carballo ten unha presenza moi destacada no mapa de nominacións aos Premios Mestre Mateo 2021, que vén de facer públicas a Academia Galega do Audiovisual, xa que en varias categorías figuran persoas ou proxectos nados no noso concello.

Así, entre os finalistas a mellor documental figura “Dorothé na vila”, unha película do carballés Alejandro Gándara Porteiro e da roisense Olaia Tubío Rei, que ademais son usuarios do Coworking Carballo, sobre a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do “Cancioneiro popular galego”. O filme é coproducido pola Deputación da Coruña, e tamén está nominado na categoría de mellor montaxe polo traballo feito por Lucía Estévez.

Carballo tamén está presente nas nominacións á mellor serie web, xa que entre as catro finalistas figuran as dúas series gañadoras do premio á produción de serie en lingua galega do último Carballo Interplay: Amnesia 3.0 (capítulos 1-3), primeira webserie interactiva en galego, producida polo CIP e Produtora Absurda, e Xan (capítulos 1-3), de Lucía Estévez e Miguel Canalejo.

A representación carballesa péchase co noso compositor musical máis internacional, Sergio Moure de Oteyza, que nesta ocasión aspira ao Mestre Mateo na categoría de mellor música orixinal por “A galiña Turuleca”.

Dende o Concello de Carballo queremos transmitirlles os nosos parabéns e os nosos mellores desexos para a gala que se vai celebrar o 10 de abril, e que este ano todas e todos poderemos seguir en directo, porque será emitida por streaming.

Compartir: