Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Máis de 5.000 persoas seguiron en streaming o percorrido da cabalgata de Reis polas rúas de Carballo

Un total de 460 nenos e nenas solicitaron a recepción virtual con Melchor, Gaspar e Baltasar

Mércores 6 de xaneiro do 2021

Melchor, Baltasar e Gaspar, antes de iniciar o percorrido

Melchor, Baltasar e Gaspar, antes de iniciar o percorrido

Un total de 5.534 persoas seguiron en streaming o percorrido da cabalgata de Reis polas rúas de Carballo. Na plataforma carballoenrede.com, que se utilizara por primeira vez para a concentración virtual do 25 de novembro, chegaron a conectarse na tarde de onte 1.025 persoas, a maioría do noso concello, pero tamén desfrutaron desta novidosa visita dos Magos de Oriente dende moitos outros puntos de Galicia.

Ademais de ver cantas persoas estaban conectadas e por onde ían pasando as carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar, a plataforma permitiu seguir o percorrido en directo a través de YouTube, onde se rexistraron 1.626 visualizacións. Pero a cifra máis alta acadouse en Facebook, cun total de 2.983 visualizacións entre as páxinas de Concello de Carballo e Cultura Carballo. O récord de espectadores simultáneos foi de 371. Como curiosidade, aínda que o público foi maioritariamente local, tamén viron a nosa cabalgata espectadores/as de Suíza, Reino Unido, Francia, Burkina Faso, Alxeria, Senegal, Uruguai, Brasil ou Marrocos.

A retransmisión en streaming permitiu evitar concentracións e aglomeracións, aínda que por parte das familias que optaron por seguir o percorrido a pé de rúa o comportamento foi, en xeral, extraordinario. Dende o Concello de Carballo queremos agradecer a boa resposta e a colaboración da cidadanía para que, aínda que fose dun xeito diferente ao que estamos afeitos, a tradición da cabalgata de Reis puidese manterse neste Nadal tan atípico.

Protección Civil acompañou á comitiva en bici

Protección Civil acompañou á comitiva en bici

A Concellaría de Cultura, organizadora da actividade, contou coa colaboración de moitas persoas e colectivos, como a Agrupación de Voluntarios e o Servizo Municipal de Protección Civil, a Policía Local, os Bombeiros de Carballo, a Brigada Municipal de Obras, o Club Ciclista Carballo e o Grupo Dimolk, que cedeu os flamantes vehículos que transportaron as carrozas reais.

Este ano non houbo recepción persoal, pero  Melchor, Gaspar e Baltasar ofreceron un total de 460 recepcións virtuais a todos os nenos e nenas que o solicitaron.

Compartir: