Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

CONSULTA AQUÍ O ITINERARIO PREVISTO

Todo listo para a tradicional cabalgata dos Reis Magos, que percorrerá máis rúas ca nunca e será retransmitida en streaming

Centos de nenos e nenas solicitaron xa unha recepción virtual con Melchor, Gaspar e Baltasar a través da páxina web do Concello de Carballo. O martes 5 é o último día!

Luns 4 de xaneiro do 2021 Cultura

Os Reis Magos chegarán o día 5 a Carballo, fieis á súa cita cos nenos e nenas do noso concello. Este ano ofrecerémoslles unha festa de benvida diferente. A situación sanitaria derivada da COVID-19 non permite celebrar a cabalgata do mesmo xeito que en anos anteriores, polo que non haberá paxes nin se tirarán caramelos; pero iso non impedirá que Melchor, Gaspar e Baltasar percorran as rúas da nosa vila. De feito, o itinerario será máis longo ca nunca, para evitar desprazamentos e concentracións de público, e ademais retransmitirémolo en streaming a través da nosa canle de YouTube, das páxinas de Facebook do Concello de Carballo e Cultura Carballo, e na páxina web www.carballo.gal terás un acceso directo dende o banner superior da portada, para que non perdas detalle. Ademais de seguir a visita en tempo real, tamén verás nun mapa por onde vai a cabalgata, para que saibas cando pasará preto da túa casa, e saberemos cantas persoas están conectadas en cada momento.

Esta novidosa cabalgata será posible grazas á colaboración de moitas persoas e colectivos, como a Agrupación de Voluntarios e o Servizo Municipal de Protección Civil, a Policía Local, os Bombeiros de Carballo, a Brigada Municipal de Obras e o Grupo Dimolk, que cede os flamantes vehículos que transportarán as carrozas reais.

Percorrido

A cabalgata arrincará ás 17.30 horas, e realizará o seguinte percorrido: rúa Verdillo, Sol, Gran Vía, Doutor Fleming, Avenida Bergantiños, Vila de Ordes, Vila de Noia, Vila de Corcubión, Gran Vía ata rotonda, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Ponte, Perú, Muíño, Manuel Barreiro, Xosé Fraga, Avenida de Razo, Muíño, Ponte da Pedra, Avenida de Malpica, Pedra Furada, Mirtos, Fábrica, Avenida das Flores, Rosas, Begonias, Camelias, Xazmíns, Avenida da Cristina, Poñente, Luis Calvo, Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Avenida de Fisterra, Avenida da Milagrosa, Salvador de Madariaga, Río Mandeo, Río Eo, Avenida de Fisterra, Mahón, Río Anllóns, Fomento, Martín Herrera, Igrexa, Río Miño, Avenida da Milagrosa, Xílgaro, Emilio González López, Cemiterio Vello, Compostela e A Brea. 

Podes descargar o plano máis abaixo.

Recepción virtual

Este ano tampouco haberá recepción persoal, pero  Melchor, Gaspar e Baltasar están ofrecendo unha recepción virtual a todos os nenos e nenas que o solicitan, e que xa son máis de 300. Ata o martes 5 antes do inicio da cabalgata, na páxina web do Concello de Carballo seguirá habilitado un enlace no que poderá facerse a solicitude ou mesmo enviarlles a carta (se alguén se despistou e aínda non o fixo) aos Reis Magos. Permanecede atentos e atentas ás nosas redes sociais. Agardamos que, máis ca nunca, esta noite de Reis se fagan realidade os vosos soños!

Ligazóns

Descargas

Compartir: