Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DO 27 DE NOVEMBRO AO 7 DE DECEMBRO

“Primavera enDanza”, que este ano chega no outono, celebra a súa maioría de idade reivindicando a figura da muller

O ciclo de danza máis veterano de Galicia, que inclúe cinco espectáculos de primeiro nivel, quere ser un exemplo máis de que a cultura é segura

Sábado 21 de novembro do 2020 Cultura

“Primavera enDanza” acada a súa maioría de idade nun ano marcado pola COVID-19. A incerteza derivada da pandemia impediu a súa celebración nas datas habituais, pero se algo levamos aprendido dende marzo é que a cultura é segura. Deste xeito, “Primavera enDanza” chega no outono, pero este cambio de estación non vai impedir que desfrutemos de espectáculos de grande interese artístico e cultural e que sigamos apostando pola danza galega e contemporánea. Carballo acollerá do 27 de novembro ao 7 de decembro un dos escasísimos ciclos estables da comunidade autónoma e que, aos seus dezaoito anos, é xa o máis veterano de Galicia.

“Primavera enDanza en outono” estrea esta denominación conxuntural con cinco espectáculos de catro compañías galegas e unha madrileña, e que forman parte, na súa maioría, da programación do Concello de Carballo como membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

O auditorio do Pazo da Cultura abrirá as súas portas para converterse no escenario de propostas para todo tipo de público, que van dende a tradición ata a maior expresión de danza contemporánea, pasando pola danza aérea ou espectáculos que recorren ao uso das novas tecnoloxías ou á música en directo para reforzar a súa mensaxe, pero que, en calquera caso, foxen da imaxe de espectáculo minoritario e exclusivo que tantas veces se asocia erroneamente á danza. Este ano, as diferentes montaxes articúlanse arredor dun elemento común, que é a reivindicación da figura da muller, protagonista absoluta desta “Primavera enDanza en outono”.

Ademais do seu interese intrínseco, a danza contemporánea é unha manifestación artística con gran repercusión nas artes escénicas actuais que ten un alto potencial creativo, de innovación e de experimentación. Así que se queres estar á última nas propostas do audiovisual, a imaxe, a música e o movemento non podes faltar. Este é o programa:

  • Venres 27 de novembro (20:30 horas): Directo 9, da compañía galega Pisando Ovos.
  • Sábado 28 de novembro (20:00 horas): Leira, da Nova Galega de Danza, con música do carballés Sergio Moure.
  • Sábado 5 de decembro (20:00 horas):Sintempo, da compañía madrileña de Sara Cano, premiada recentemente co Max á mellor coreógrafa do 2020.
  • Domingo 6 de decembro (20:00 horas):Médula, da compañía galega Exire, integrada por Ana Beatriz Pérez e a carballesa Alba Fernández.
  • Luns 7 de decembro (20:30 horas): Alma (non é hippie)”, espectáculo de danza aérea co Colectivo Verticalia & Pistacatro.
  O programa, con todo luxo de detalle, podes descargalo máis abaixo.

Entradas

Debido ás restricións sanitarias vixentes, só se poñerán á venda 30 entradas para cada espectáculo. Poderán adquirirse o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura dende 60 minutos antes do inicio da actuación. Os prezos son de 4 euros (3 para colectivos con desconto) para as sesións dos días 27 de novembro, 6 e 7 de decembro, e de 5 euros (3,5 reducido), para os días 28 de novembro e 5 de decembro.

Descargas

Compartir: