Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

31 webseries de Europa e América compiten na sección oficial do VII Carballo Interplay

Como vén sendo habitual, a maioría das series finalistas son comedias, pero tamén haberá oco para outros xéneros

Mércores 4 de novembro do 2020

31 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da sétima edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 18, 19, 20 e 21 de novembro na capital bergantiñá atendendo ás restricións dictadas polas autoridades sanitarias, e que repartirá máis de 5.500 euros en premios. A organización do festival elixiu, entre as propostas chegadas de todo o mundo, un total de 7 series galegas e en galego, 10 do resto do Estado e 14 do resto do mundo.

Cada un destes bloques competirá por cadanseu premio de 800 euros, que decidirá o xurado do festival, composto por Brays Efe, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabares, Guillermo V. Zapata  e Andrea Gumes. Ademais, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e un xurado novo composto por Laura Mendez, Antía Suárez e Jaime Regueiro entregará outro premio de 400 euros. A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) patrocina un premio ao mellor guión dotado con 200 euros e a Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA), un un premio á mellor dirección dotado, tamén, con 200 euros. Finalmente, entregaranse os galardóns á mellor actriz e ao mellor actor.

Entre as webseries internacionais que se poderán ver no VII Carballo Interplay hai propostas de Arxentina, Uruguai, Chile, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Austria, Francia e Portugal. A maioría das series son en español (13) e galego (7), pero tamén se escoitarán historias en inglés (3), francés (3), alemán (2), portugués (2), euskera (2) e catalán.

O Carballo Interplay ofrecerá, así, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das webseries a nivel global. Atendendo a esta panorámica, a comedia sigue sendo a fórmula preferida polas creadoras e os creadores dixitais para contar as historias máis diversas, dende o entremento sen pretensións á comedia negra con transfondo social. 18 das 31 webseries finalistas empregan o humor e a porcentaxe mantense no total das propostas recibidas.

PROXECCIÓNS SEGURAS

As 31 webseries finalistas proxectaranse en tres bloques nas tardes do xoves 19 (V.O. Galego), do venres 20 (Internacional) e do sábado 21 (Estatal), ás 16h30, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo. A entrada, como en todas as actividades desta edición do Festival, estará restrinxida ao aforo máximo marcado polas autoridades sanitarias e haberá que reservala con antelación, por mor das medidas Covid.

Os nomes das webseries gañadoras coñecerase, como cada ano, na Gala de clausura do festival, que se emitirá por streaming e que adapta a súa temática á actualidade, reflexionando sobre esta nova forma de relacionarnos entre os seres humanos que xurde durante a pandemia. O mestre de cerimonias será o actor e presentador Xosé Barato, que -baixo a dirección de Sandra Lesta- encarnará a Xoan Manoel Esparís, divulgador das claves do Amor en Dixital.

Ligazóns

Vídeos

Compartir: