Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DO 24 DE XULLO AO 21 DE AGOSTO

Volve o Verán Cultural co espírito de sempre pero cun novo formato adaptado á crise sanitaria provocada pola COVID-19

A programación deste ano inclúe cinco espectáculos, un no Pazo da Cultura e catro na rúa Jacinto Amigo Lera

Sábado 18 de xullo do 2020 Cultura

Catro espectáculos celebraranse na rúa Jacinto Amigo Lera

Catro espectáculos celebraranse na rúa Jacinto Amigo Lera

Co verán, a cultura volve á rúa en Carballo e volveremos gozar de actividades culturais presenciais cunha versión adaptada á novas circunstancias dun programa referente na programación cultural estival da nosa comarca, o Verán Cultural, unha proposta da Concellaría de Cultura de Carballo cunha longa traxectoria de máis de 20 anos.

Tras a suspensión de actividades culturais presenciais derivada da COVID-19 e despois da realización doutros programa como o das Letras cun novo formato de cultura dixital, a través da Rede, e no que, entre outras propostas, estreamos un novo espectáculo da compañía de Carballo Galeatro, preparado para a ocasión, presentamos a primera programación cultural presencial do Concello.

A proposta que presentamos mantén o espírito e obxectivos do Verán Cultural de anteriores edicións, de presentar unha oferta cultural diversa de calidade, atractiva para desfrutar das noites de verán, centrada na música pero coa presencia doutras disciplinas como as artes escénicas e a consideración de públicos de todas as idades, comprometida co sector cultural galego, con presencia de formacións carballesas, con carácter gratuíto,.. pero cun formato adaptado á situación que estamos vivindo na que é preciso actuar con prudencia e responsabilidade, pero tamén con compromiso co sector cultural e cos cidadáns.

PROTOCOLO DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN SANITARIA EN RELACIÓN Á CRISE DA COVID-19

Neste momento, a participación en actividades culturais esixe comportamentos diferentes en relación ás medidas de prevención precisas para facer fronte á crise sanitaria que estamos a vivir, tanto por parte dos artistas como do público, e novas rutinas en relación ao acceso, permanencia, asistencia, saída,… Todos precisamos coñecelos e incorporalos aos nosos hábitos, polo que esta proposta ten tamén como finalidade xerar a confianza nos cidadáns para a participación segura en eventos culturais, así como educalos nas novas conductas preventivas. A montaxe, desmontaxe, realización e celebración dos espectáculos están rexidos por un Protocolo de medidas de prevención sanitaria en relación á crise da COVID-19.

O deseño do programa adáptase ás novas circunstancias e inclúe 5 espectáculos, dos que tres son concertos e dúas actuacións de artes escénicas, en concreto maxia e circo, todos eles de formato medio, cunha capacidade limitada para un aforo de aproximadamente 200 persoas.

O centro de actividades habitual do Verán Cultural, a Praza do Concello, cambia para a rúa Jacinto Amigo, un espazo tamén moi céntrico, pero máis delimitado e cuns accesos máis claros que posibilitan o control de espectadores e de posibles aglomeracións. A acomodación do público será exclusivamente en cadeiras e o acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo, abríndose 1 hora antes do inicio de cada actividade.

Os menores deberán estar acompañados por adultos. A entrada e saída das instalacións realizarase de forma graduada, por circuítos diferenciados, mantendo a distancia de seguridade e unha vez abandonado o recinto non se permitirá volver a acceder. Será obrigatoria a desinfección de mans e o uso de mascarilla para todos os asistentes. Non haberá programas de man en papel e a información sobre os grupos estará disponible na páxina web do Concello de Carballo.

Un dos espectáculos terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura, coa finalidade de que tanto organizadores, servizos técnicos como espectadores reiniciemos tamén a actividade deste espazo e os novos hábitos que conlevará o seu uso. As instalacións e infraestructuras limparanse e desinfectaranse antes do seu uso.

Para levar a cabo este Protocolo cóntase coa colaboración e traballo imprescindibles de diferentes servizos municipais que apoian ao equipo de Cultura: a Brigada de Obras, o servizo de limpeza viaria, o de alumeado público, a Policía Local, Protección Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

PROGRAMA

24 de xullo, venres: Concerto de SILVIA PENIDE
El efecto boomerang
Canción de autor, pop intimista
R/Jacinto Amigo, 21.30 h

Comezamos o programa de Verán retomando a programación onde a deixaramos en marzo, coa idea de dar unha idea de continuidade e de retomar a actividade cultural. Este concerto estaba previsto para o 13 de marzo e non puido celebrarse. Ao igual que o resto da programación prevista para a promavera que tivo que ser suspendida, recupérase notro contexto. Silvia Penide é unha das representantes máis destacadas da canción de autor en Galicia, que nos últimos anos se achega ao pop intimista que emociona e cautiva a un público cada vez máis numeroso. Presentará, segundo a crítica especializada, un dos discos imprescindibles do 2019.

31 de xullo, venres: Maxia co MAGO TETO
Alquimia
Maxia e diversión para todos os públicos. Público familiar
Pazo da Cultura, 21.30 h

Un dos magos máis recoñecidos en Galicia, cun estilo propio e xenuino. Nesta nova aventura, o Mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, busca a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón: a felicidade!

7 de agosto, venres: Concerto de MJ PÉREZ
A luz prendida
R/Jacinto Amigo, 21.30 h

Ritmos latinos e músicas do mundo dunha das novas voces da música de autor galega que presenta a súa cuarta produción. A artista continúa a contar historias dende un pundo de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía neste novo disco, pero tamén dando espazo á loita e á reivindicación.

14 de agosto, venres Circo con DUELIRIUM
Voadores Circus
Danza vertical, malabares, voo, contorsión... Circo en estado puro.
Público familiar
R/Jacinto Amigo, 20.30 h

Dúo artístico integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén con máis de dez anos de investigación e traballo en proxectos de creación aérea. Formadas en prestixiosas escolas de circo internacionais, desenvolven unha linguaxe propia deseñando as súas propias estructuras, elementos aéreos e vestiarios cun toque moi personal.

21 de agosto, venres , Concerto co grupo carballés THE CERNE
Tributo a The Creedence Clearwater Revival
Rock clásico fusionado con country de finais dos anos 60 dunha das formacións carballesas máis importantes.
R/Jacinto Amigo, 21.30 h

A formación esta composta por 7 integrantes: 2 voces solistas, Fany e Lara; Manolo ao teclado, Fran toca o baixo e voces, á batería está Joaquin e tamén fai voces, e 2 guitarras, Jaime e Guillermo, que tamén colabora coas voces. A posta en escea baséase no repertorio do lexendario grupo The Creedence Clearwater Revival, tocando practicamente todos os seus éxitos.

As actuacións do Verán Cultural contan coa subvención da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural.

Compartir: