Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O prazo para participar no XXII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís pecharase un día despois de que remate o estado de alarma

As persoas interesadas en participar poden enviar as súas fotografías por correo postal ou presentalas no Rexistro Xeral da Casa do Concello con cita previa

Mércores 22 de abril do 2020 Cultura

Imaxe da entrega de premios da última edición

Imaxe da entrega de premios da última edición

A celebración do XXII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís está posposta ata que remate o estado de alarma provocado pola crise sanitaria do COVID-19. Sen embargo, as persoas que queiran participar poden seguir presentando os seus traballos tanto a través do correo postal coma de maneira presencial no Rexistro Xeral da Casa do Concello, para o cal debe solicitarse cita previa no 981 704 100. Dado que a suspensión administrativa de prazos entrou en vigor un día antes da data tope fixada para a recepción de obras, o peche do prazo realizarase un día despois de que remate o estado de alarma.

Resumo das bases

  • Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
  • As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
  • Os traballos fotográficos que se presenten ao certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
  • As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
  • Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

Premios

  • 1º premio: 1.500 € e diploma.
  • 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
  • Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
  • Accésits: 300 €, patrocinados por Interfilm Carballo.  

Presentación

As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo.Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:

  • Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
  • Solicitude de participación na que conste o pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
  • Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc.
  • Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
Podedes consultar as bases íntegras máis abaixo.

Descargas

Compartir: