Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O proxecto “Carballo na memoria” chega ás rúas a través dunha serie de imaxes que nos conectan coa historia da nosa vila

Instalado na rúa Hórreo o primeiro dunha serie de paneis que permitirán comparar un mesmo espazo público en distintas épocas

Venres 6 de marzo do 2020

Expositor instalado na rúa Hórreo

Expositor instalado na rúa Hórreo

Hoxe quedou instalado na rúa Hórreo o primeiro dunha serie de paneis que inclúen fotografías antigas de Carballo e que nos permitirán comparar un mesmo espazo público en distintas épocas históricas. Esta primeira imaxe é da década dos anos 50, pero algún dos negocios que podemos ver nela seguen a funcionar na actualidade.

A iniciativa forma parte do proxecto “Carballo na memoria”, que continúa a medrar coas achegas da cidadanía e conta xa con 2.114 fotografías dixitalizadas e a disposición de todo o mundo na web carballonamemoria.org. A da rúa Hórreo é unha delas. Grazas a ese gran fondo documental, co que vos convidamos a seguir colaborando, poderemos seguir estendendo o proxecto a outros espazos públicos.

Dentro dese proceso de recuperación da nosa memoria histórica tamén está a lona colocada nas antigas escolas do xardín co gallo do 90º aniversario da súa construción, o ano pasado, no que tamén cumpriron 90 anos a Praza de Galicia (antes Praza da Liberdade) e o Mercado Municipal. Co gallo desa efeméride, o historiador local Xan Fraga Rodríguez elaborou un libriño que está a disposición das persoas interesadas, ata fin de existencias, na Casa do Concello.

Ligazóns

Compartir: