Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

INSCRÍBETE PARA PARTICIPAR NA XORNADA PROFESIONAL

Portugal será o país convidado no VII Carballo Interplay

Representantes de cadeas e plataformas do país compartirán protagonismo con directivas de Flooxer (Atresmedia), Playz (RTVE Digital), Globomedia (Mediapro) ou TVG, entre outros

Xoves 5 de marzo do 2020

Portugal será o país convidado da sétima edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de abril. As persoas que asistan de xeito gratuíto á xornada profesional do Interplay poderán coñecer a representantes de cadeas e plataformas do país veciño, como RTP Lab ou Canal 180, así como de Playz (RTVE), Flooxer (Atresmedia), Globomedia (Mediapro) ou da TVG. Tamén, grazas á colaboración entre o festival de contidos dixitais e o Cluster Audiovisual de Galicia, participarán no Día PRO do Carballo Interplay responsables da Academia Portuguesa de Cinema e de produtoras  lusas como BeActive, Promenade, Comicalate, Videolotion, Souza Filmes, Pergunta Exótica, Ankylosaur, Pixbee, Paperplane, Adesiva ou Produçao de Ideias.

O Carballo Interplay repite Día Pro, o primeiro venres de abril no Pazo de Cultura de Carballo, co obxectivo de conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas e produtoras que están apostando polos contidos dixitais de creación propia. A xornada dividirase en dúas partes: pola mañá haberá presentacións e debates e, pola tarde, establecerase un punto de encontro para que creadoras/es, empresas produtoras e plataformas de Galicia, de España e de Portugal contacten e intercambien ideas para posibles proxectos e colaboracións futuras.

Responsables de medios que traballan formatos de entretemento e divulgación para públicos novos no ámbito galego, español, portugués e internacional compartirán coas persoas asistentes cales son as claves á hora de producir e distribuír non ficción online. Despois, o director do RTP Lab, Rogério Gomes, contará como a Rádio e Televisão de Portugal (RTP), como bo servizo de medios públicos, procura estimular a creatividade e a innovación. E, por iso, de forma pioneira, creou o RTP Lab, un laboratorio creativo e experimental, con novas formas de produción de contidos, pensadas nunha lóxica multiplataforma. Deste xeito, abriu unha convocatoria dirixida a todo o público na procura de contidos de ficción e humor que utilicen novas formas de narrativa en ámbitos exclusivamente dixitais. O resultado son varios proxectos que xa empezaron a ver a luz e que poderemos coñecer no Día Pro do Carballo Interplay.

As persoas interesadas en participar nesta segunda xornada profesional do Caraballo Interplay poden acreditarse, de xeito gratuíto, antes do 20 de marzo, na web do festival.

PROGRAMA COMPLETO DO DÍA PRO

9:30h. Recollida acreditacións Zona Pro.

10h. Panel Zona Pro: Máis alá da ficción: formatos de entretemento e divulgación para públicos novos. Con Luis Fernandes (Canal 180), Alberto Fernández (Playz), Mafalda González - Alegre (Flooxer) e Carlos F. Amado (TVG). A ficción adoita ser a gran aposta das grandes plataformas dixitais, mais as audiencias tamén piden outros contidos divulgativos, de entretemento, mesmo realities, para consumir e compartir na rede. Cales son as tendencias neste tipo de formatos? Cales son as claves á hora de producilos e distribuilos online? Contamos con cinco casos de medios que traballan estes contidos no ámbito galego, español, portugués e internacional.

11:30h. Zona Pro. Presentación RTP Lab, con Rogério Gomes. A Rádio e Televisão de Portugal (RTP), como bo servizo de medios públicos, procura estimular a creatividade e a innovación. E, por iso, de forma pioneira, creou o RTP Lab, um laboratorio creativo e experimental, con novas formas de produción de contidos, pensadas nunha lóxica multiplataforma. Deste xeito abriu unha convocatoria dirixida a todo o público na procura de contidos de ficción e humor que utilicen novas formas de narrativa en ámbitos exclusivamente dixitais. O resultado son varios proxectos que xa empezaron a ver a luz e que poderemos coñecer mellor nesta presentación a cargo do director do RTP Lab, Rogério Gomes.  

12h. Zona Pro. Presentación produtoras e creadoras de contidos dixitais de Portugal, en colaboración co Clúster Audiovisual de Galicia (CLAG). Coa presenza de Sara Moita (BeActive), Bernardo Lopes (Promenade),  Miguel Leão (Comicalate), Marta Riveiro e Tota Alves (Videolotion), Filipa Mendoça Amaro (Souza Filmes),  Alice Joana Gonçalves (Pergunta Exótica), Joåo Harrington Sena (Ankylosaur), Rodrigo Prista (Pixbee) ou Rui Neto (Paperplane), Rui Pinhão (Adesiva),  João Quinta Reis (Produçao de Ideias) e Diogo Camões (Academia Portuguesa de Cinema).

13h. Café con CREA.

16h - 19h. Mercado Zona Pro. Un punto de encontro para que creadoras/es, empresas produtoras e plataformas contacten e intercambien ideas para posibles proxectos e colaboracións futuras. Só para profesionais inscritos no mercado da Zona Pro do Festival.

Compartir: