Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A carroza "Mad Max" e a comparsa "Pop Art Boom" acadaron os principais premios do concurso de disfraces

Máis de 700 participantes de toda Galicia e mesmo de Asturias e miles de espectadores gozaron dun Domingo de Entroido espectacular e multitudinario

Domingo 23 de febreiro do 2020 Cultura

O Domingo de Entroido máis multitudinario dos últimos anos encheu de animación a Praza do Concello

O Domingo de Entroido máis multitudinario dos últimos anos encheu de animación a Praza do Concello

A carroza “Mad Max” (700 euros de premio) e a comparsa de adultos “Pop Art Boom”, procedente da localidade asturiana de Luarca (500 euros), son, xunto coa comparsa infantil ‘Lambetadas en Vespa’, as grandes triunfadoras do tradicional certame de disfraces do Entroido de Carballo. O desfile celebrado esta tarde nas rúas veciñas á praza do Concello foi o máis multitudinario dos últimos anos, co concurso de 17 comparsas, 8 carrozas e máis de 700 participantes de toda a provincia e mesmo de Asturias, e miles de persoas que asistiron como espectadoras.

Relación completa de premios

Premio Especial Choqueiro de Bergantiños, ‘Señora da metralleta de Mad Max’ (100 euros).
Individual infantil: 1°: ‘A dama da prensa’ (90 euros). 2°: ‘A fama do monte’ (70 euros). 3°: ‘Antón o mariscador’ (50 euros).
Individual adultos: ‘A ver, estudiao!’ (60 euros).
Grupos infantil: 1°) ‘Alboroto no galiñeiro’ (100 euros). Accésit: ‘Familia Potato’ (50 euros).
Grupos adultos: 1°) ‘Millonada acartonada’ (125 euros).
Comparsas infantil: 1°: ‘Lambetadas en Vespa’ (250 euros). 2°: ‘Amazonia’ (110 euros). 3°: ‘Amish made in Carballo’ (60 euros).
Comparsas adultos: 1°: ‘Pop Art Boob’ (500 euros). 2°: ‘Vilaño da a campanada’ (250 euros). 1° accésit: ‘Pinta las letras de tus poemas’ (150 euros). 2° accésit: ‘Fillos de Hércules’ (125 euros). 3° accésit: ‘A través da pupila’ (125 euros).
Carrozas adultos: 1°: ‘Mad Max’ (700 euros). 2°: ‘O reino do mar’ (400 euros). 1° accésit: ‘Fantasía espacial’ (275 euros). 2° accésit: ‘Cuando volví de Cuba’ (175 euros).

Xurado

Xurado

O xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, non o tivo nada doado. Xunto a Marcos Trigo estiveron a concelleira de Xuventude e Festas, Maruxa Suárez; a técnica de Cultura do Concello de Carballo, Carmen Castro; a fotógrafa Criss Becerra, e representantes das asociacións de veciños de Sísamo e Entrecruces. Tamén lles botou una man a regueifeira Lupe Blanco, presentadora e animadora do certame. A charanga Era Visto, durante toda a tarde, e a orquestra Trébol, na verbena, interpretaron a banda sonora dun Domingo do Entroido inesquecible.



Galería

Compartir: