Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Nacho Romero abriu o ciclo de “Conversas fotográficas” cun percorrido pola historia da reportaxe

Fotógrafos/as de prestixio participarán nos vindeiros meses nunha serie de encontros abertos que forman parte do programa “A través da lente”

Xoves 6 de febreiro do 2020 Cultura

Marcos Trigo, Ángel Cordero e Nacho Romero

Marcos Trigo, Ángel Cordero e Nacho Romero

“A través da lente” é un programa da Concellaría de Cultura que inclúe diferentes accións de fomento e difusión das artes da imaxe arredor da fotografía e do cine. O ciclo “Amal en Ruta”, do que vimos de desfrutar, e o Certame Xosé Manuel Eirís, que ten aberto o prazo de inscrición ata o 16 de marzo, son propostas xa coñecidas entre o público carballés. E dentro da programación anual que acompaña e reforza o noso concurso fotográfico, este ano estreamos as “Conversas fotográficas”, un ciclo de charlas sobre temas de interese fotográfico ás que convidamos a profesionais de prestixio e que pretendemos converter nun lugar de encontro para as persoas amantes da fotografía.

O primeiro convidado ás

O primeiro convidado ás "Conversas fotográficas"

A presentación do programa, que tivo lugar este mércores no auditorio do Pazo da Cultura, contou coa participación de Marcos Trigo, concelleiro de Cultura, e de Ángel Cordero, profesor de fotografía na Escola de Imaxe e Son da Coruña, que introduciu ao primeiro protagonista das “Conversas fotográficas”, Nacho Romero, que ademais de exercer tamén a docencia na Escola de Imaxe e Son, é reporteiro gráfico en Radial Press e técnico de fotografía científica en Servimav. Creativo con numerosas exposicións ás súas costas, socio de Ran Foto e Aula K, nesta ocasión estivo en Carballo para guiarnos nun percorrido pola historia da reportaxe fotográfica. As achegas deste xénero á sociedade, os grandes mestres, a evolución da técnica e o reto de amosar a realidade de xeito veraz ocuparon a súa interesante intervención.

A próxima cita será o 4 de marzo. Recibiremos en Carballo a Vari Caramés, fotógrafo de renome internacional, para falarnos sobre “A fotografía, ventá ao insólito”. E pecharemos a primeira parte do ciclo o 1 de abril con Fran Martínez, fotoperiodista, que tratará sobre “Fotografía e pintura: inimigos íntimos”. Non as perdades!

Compartir: