Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DESCARGA AQUI O IMPRESO DE SOLICITUDE

Aberto do 27 de novembro ao 6 decembro o prazo de inscrición para un novo curso da Aula de Teatro de Municipal

Mércores 27 de novembro do 2019 Cultura

Ensaio da Aula de Teatro, que dirixe Artur Trillo

Ensaio da Aula de Teatro, que dirixe Artur Trillo

Do 27 de novembro ao 6 de decembro está aberto o prazo de inscrición para a Aula de Teatro Municipal, dirixida polo actor e director Artur Trillo e organizada pola Concellaría de Cultura co obxectivo de promover o teatro como práctica artística, cultural e de lecer, así como de difundir e incentivar a creación teatral.

Neste novo curso crearanse diferentes grupos nas actividades formativas e nos proxectos teatrais, que o Concello decidirá xunto co responsable da aula en función das características dos mesmos, polo que o día e os horarios comunicaranse na primeira reunión.

A oferta da Concellaría de Cultura, como nas últimas edicións, é de 25 prazas para maiores de 18 anos. Para a selección de participantes terán prioridade os alumnos e alumnas que participaron na anterior e anteriores edicións, e terase en conta a orde de inscrición. As persoas anotadas que non acaden unha praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda para cubrir posibles baixas.

A este respecto, nesta edición da Aula de Teatro Municipal establécense condicións fundamentais para un bo desenvolvemento da actividade, que son a asistencia continuada e a puntualidade dos/as participantes e, ademais, a participación obrigatoria en actividades de intervención teatral, propostas pola Concellaría de Cultura (Enterro da Sardiña, Programa das Letras, actividades de animación infantil, FIOT…) que se prepararán dentro da Aula.

A inscrición pode realizarse en calquera rexistro do Concello no seus horarios habituais, nas oficinas do servizo de Cultura de 11.00 a 13.30 horas ou vía telemática axuntando impreso de solicitude que pode descargarse máis abaixo. Para máis información, 981 704 300 ou www.carballo.gal.

Descargas

Compartir: