Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O teatro mestúrase coa actividade cotiá de Carballo a través do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado

Este ano contaremos con seis espectáculos. Se queres asistir non esquezas reservar sitio, porque as prazas son limitadas

Mércores 9 de outubro do 2019 Cultura

Esta fin de semana dará comezo unha das liñas de programación máis singulares do Festival Internacional Outono de Teatro, como é o Certame de Micro-escenas Metro Cadrado, unha proposta que pretende visibilizar o traballo de artistas e compañías emerxentes á vez que o público vive unha nova e intensa experiencia teatral. Na súa terceira edición, o M2 aposta por ofrecer espectáculos e creacións escénicas de curta duración en enclaves non convencionais á hora de acoller unha representación, como son unha barbería, unha paquetaría ou mesmo un lavadoiro.

Micro-Escenas M2 contará este ano cun total de seis espectáculos, dos cales catro serán estreas absolutas. As primeiras dúas funcións terán lugar este sábado, 12 de outubro, da man das compañías Encontarte Producciones e Catro Gatos Teatro. A primeira delas presentará Sorpresa, unha comedia dramática que conta a historia de Nora, “unha muller católica, apostólica e romana” que ten preparada unha sorpresa para o seu home polo seu aniversario, pero este non aparece. Sorpresa é unha historia de segundas oportunidades e de mulleres empoderadas que se representará ás 13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas no Casino 1889 de Carballo.

A segunda das propostas será a estrea absoluta de Invisíbel, da compañía de recente creación Catro Gatos Teatro, na que, a través do humor negro, convidan ao público a reflexionar sobre as persoas anónimas que se ven na obriga de emigrar, coma aquelas que procuran refuxio. A proposta, apta para todos os públicos, representarase ás 13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas no Estudio de arte Garabato.

Na vindeira semana, o sábado 19, Carballo acollerá a estrea absoluta de Corazón, o novo traballo de Iria Sobrado, e a representación do monólogo Margarita, de Teatro en punto. Finalmente, na o día 26 de outubro terá lugar a estrea absoluta de dúas pezas: Soas lavan, de Tukumpás Teatro, e O silencio das tartarugas, de María Dobronich.

Dada a limitación física de cada un dos espazos que acolle o M2, a organización do FIOT recomenda facer unha reserva previa da entrada ao correo electrónico fiot.microteatroentrada@gmail.com, indicando o nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa asistente e un teléfono de contacto.

Compartir: