Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Este ano vendéronse na Praza dos Libros máis de 1.400 exemplares, o 65% en galego

As librarías participantes na Feira da creatividade cultural de Carballo bateron o seu récord de facturación en catorce anos cun total de 18.600 euros

Luns 15 de xullo do 2019 Cultura

Nos 14 anos que ten xa de vida, a nosa Praza dos Libros non deixou de medrar. Este ano volvemos a bater récords, xa que as librarías participantes facturaron un total de 18.600 euros, correspondentes á venda de máis de 1.400 libros.

A literatura galega acapara o 65% da demanda, e unha vez máis os que máis tirón teñen son os títulos que se presentan na feira. Nesta edición o libro para adultos máis vendido foi Nas cortinas do tempo, de Xosé Antonio Andrade, e os tres seguintes tamén levan a sinatura de autores que estiveron presentes na Praza dos Libros: Un peixe no parqué, de Moncho Vilar; Contra todo isto, de Manuel Rivas, e Infamia, de Ledicia Costas. En literatura infantil arrasou O vello dos chupetes, de Fernando Calvo.

Por outra banda, entre o 35% dos libros vendidos en castelán atopamos El mal sin cura de la Costa da Morte, do carballés Manuel Rey Pan.

A valoración das librarías nas enquisas que cubriron ao remate da Feira da creatividade cultural é moi positiva.

Actividades paralelas

Ao éxito de vendas súmase o de asistencia ás actividades programadas, tanto literarias coma musicais, que encheron os catro días da Praza dos Libros, un aspecto que destacou tamén o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. E todo en perfecta harmonía co mercado do xoves e a feira do domingo, que unha vez máis volveron a integrarse á perfección entre as casetas dos libreiros, as mesas dispostas para as sinaturas dos autores (algún estivo dúas horas asinando) e os obradoiros infantís, que tamén os houbo.

Ao longo dos catro días realizáronse máis de vinte actividades, incluído o reivindicativo pregón de María Reimóndez ou o Festifolk, que tivo como prato forte a fantástica e multitudinaria actuación de Treixadura. O domingo foi un dos días de maior afluencia, como demostra o feito de que os moletes de pan se esgotaran en case todas as casetas, nalgunha poucos minutos despois da apertura da feira. Os marcapáxinas-rasca con premios directos tamén tiveron moi boa acollida.

Compartir: