Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Este ano a cultura galega “veranea” en Carballo

Treixadura, Chicharrón, A Gramola Gominola, Sés, Orquesta Garufa Blue Devils Big Band & Sito Sedes e Son de Seu interpretarán a banda sonora do Verán Cultural

Mércores 3 de xullo do 2019

Nin Sanxenxo, nin Compostela. Este ano a capital do turismo cultural galego vai ser Carballo. Con veraneantes como Treixadura, A Gramola Gominola, Sés, Orquesta Garufa ou Son de Seu imos escoitar, sen dúbida, a mellor banda sonora dos meses de xullo e agosto. Nin sequera Chicharrón vai marchar de vacacións para poder presentar ao público da casa as súas “Cancións clínicas”. Así que, xa o sabes, se queres estar á última non vas ter máis remedio que participar no Verán Cultural que nos presentaron hoxe o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Chano Calvo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Estamos, como dixo Marcos Trigo, ante “a mellor oferta cultural do verán da comarca”, orientada a públicos de diferentes idades, gustos e intereses; sempre de balde e, ademais, en diversos espazos ao aire libre do noso concello. Comezaremos a vindeira semana coa Praza dos Libros (o venres presentaremos o programa detallado), o cine ao aire libre e o curso de fotografía con smartphone ou tableta, pero ao longo dos meses de xullo e agosto tamén teremos outros cursos, exposicións, festas gastronómicas, espectáculos teatrais e, sobre todo, moita e moi boa música, e case sempre en galego. Podes consultar o programa completo ao final desta nova.

Tanto o concelleiro de Cultura coma o alcalde destacaron e agradeceron a colaboración, unha vez máis, da Fundación Luis Calvo Sanz, que patrocina a actuación da Orquesta Garufa Blue Devils Big Band & Sito Sedes prevista para o 9 de agosto. Chano Calvo destacou a altísima calidade dos músicos que forman o grupo, que nos permitirá desfrutar dun estilo musical pouco habitual nos escenarios. “Eu espero que lle guste á xente de Carballo”, manifestou.

Evencio Ferrero: “Cada vez o Verán Cultural ten máis calidade, máis protagonismo e tamén crea máis expectativa entre moitísima xente”

“En Carballo pensamos que a cultura ten que estenderse a todo o ano, e cada vez máis o Verán Cultural ten máis calidade, máis protagonismo e tamén crea máis expectativa entre moitísima xente”, apuntou o alcalde. “A verdade _engadiu Evencio Ferrero_ é que o programa é tremendamente atractivo”, e destacou ademais que grazas a esta oferta cultural de calidade, como tamén o é a deportiva ou a social, Carballo é un lugar que cada vez paga máis a pena visitar. O seu último desexo, sen dúbida unanimemente compartido pola veciñanza, é que, ademais da música, o tempo tamén acompañe neste Verán Cultural 2019.

Descargas

Vídeos

Compartir: