Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

EU QUERO O BOSQUE

O San Xoán despedirase coa Festa do Bosque, que este ano inclúe unha campaña de sensibilización medioambiental

Toma nota das condicións de acceso e de utilización dos servizos públicos

Venres 28 de xuño do 2019 Cultura

Non podía haber mellor despedida do mes de xuño, porque este ano a Festa do Bosque coincide xusto o día 30. O San Xoán dirá adeus ata o ano que vén cunha celebración cada ano máis multitudinaria, sen perder por iso o seu espírito familiar nin as súas tradicións. Por iso, o programa repite as actividades que co paso do tempo foron converténdose nos sinais de identidade da celebración, coma o concurso de sobremesas, os xogos populares ou o campionato de barcos de papel.

Pero para que a afluencia masiva de persoas non afecte ao gran pulmón verde de Carballo, este ano tamén incluímos unha campaña de sensibilización medioambiental na que colaboran as concellarías de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Festas e Mocidade, e que ten como lema “Eu ♥ O BOSQUE”. Esa será a mensaxe que levarán os agasallos para os nenos e nenas que participen no campionato de barcos de papel, e tamén a que utilizaremos para sinalizar as áreas de recollida selectiva que colocaremos en distintos puntos do espazo festivo. Coa túa colaboración, parándote e separando, poderemos facer unha xestión óptima dos residuos.

TOMA NOTA!

Querer O Bosque tamén implica outras cousas. Lembrámosche algunhas delas:

  • Está prohibido aparcar vehículos no interior do Bosque.
  • O acceso para carga e descarga deberá realizarse de 09.00 a 12.30 horas. O único acceso autorizado será dende o Añón de Bértoa (as outras entradas estarán sempre obstaculizadas con pedras).
  • As cintas de reserva de espazo retiraranse ás 12.30h.
  • Están prohibidos os enganches de luz.

PROGRAMA

Polo que se refire ao programa festivo, durante todo o día haberá un amplo programa de actividades para todas as idades.

  • 13.00 horas. Sesión vermú co grupo Trastes
  • 16.30 horas. Concurso de sobremesas e de licores caseiros. Patrocina: Confitaría San Luís.
  • 17.30 horas. Xogos populares
  • 18.30 horas. 109ª edición do Campionato mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 horas. Patrocinan: Zocas, Restaurante As Sollas, Mmmm! Xeados, Librería Punto e Coma, Fanucha’s Creadora de Dulzura.
  • 19.00 horas. Animación musical a cargo de Dj David.

Compartir: