Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

As festas de San Xoán concentraranse este ano arredor de dúas fins de semana

Arrincarán o venres 21 co pregón e rematarán o domingo 30 coa Festa do Bosque

Mércores 8 de maio do 2019

A Festa do Bosque celebrarase o domingo 30 de xuño

A Festa do Bosque celebrarase o domingo 30 de xuño

A coincidencia dos días grandes (24 e 25 de xuño) en luns e martes provoca que as festas de San Xoán se estendan dende o venres anterior ata o domingo seguinte, de maneira que empezarán o día 21 co pregón e rematarán o 30 coa Festa do Bosque. Deste xeito, as celebracións patronais de Carballo concentraranse este ano arredor de dúas fins de semana consecutivas.

A semana grande durará 10 días, aínda que non todos serán igual de intensos en canto a programación. Como é habitual, os pratos fortes resérvanse para fines de semana e festivos. Teremos catro noites de verbena, os días 22, 24, 25 e 28, e o sábado 29 celebrarase o Rockin' Carballo.

Este ano o festival máis rockeiro reunirá a Vancouvers, Miqui Puig, Los Chicos, Terrier, Thee Blind Crows, Elvis Negro, Playa Desmayo, Cloaca e, como é habitual, Antón DJ para a fin de festa. Os asistentes poderán presenciar as evolucións das bandas do cartel nos dous escenarios dos que constará o evento: desde as 13:00 horas no Escenario Palmeira con sesión vermú a cargo de Miqui Puig, Praia Desmaio e Elvis Negro; e a partir das 19.30 no Rego da Balsa cos concertos de Vancouvers, Los Chicos, Terrier, Thee Blind Crows, Cloaca e pechando a noite Antón DJ. Como sempre, a entrada para os concertos do Rockin' é gratuíta.

A Asociación Cultural San Xoán leva meses traballando na elaboración do programa, que, como é habitual, incluirá actividades para todos os gustos: verbenas, concertos, concursos, animación de rúa, espectáculos de todo tipo... que durante cinco días converterán Carballo no centro de atracción de toda a comarca.

Así mesmo, estase a traballar na elaboración da revista das festas, que se converte cada ano en soporte do programa, pero tamén en escaparate para colaboracións literarias ou artísticas e para as empresas patrocinadoras, ás que dende a comisión queremos agradecer a súa implicación nas festas patronais.

Compartir: