Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

HAI 30 PRAZAS, QUE SE CUBRIRÁN POR ORDE DE SOLICITUDE

Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, impartirá un novo curso de fotografía en Carballo

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 17 de abril no Pazo da Cultura

Luns 1 de abril do 2019

Por terceiro ano consecutivo, a Concellaría de Cultura organiza un curso de fotografía coincidindo co certame Xosé Manuel Eirís. E por terceiro ano, despois da boa acollida acadada nas anteriores edicións, o encargado de impartilo será Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que afondará na Lectura da imaxe fotográfica.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 1 e o 17 de abril. A participación é gratuíta. As persoas interesadas poden descargar o impreso de solicitude ao final desta nova ou nas oficinas do Pazo da Cultura, e deben presentalo, debidamente cuberto, no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, nos rexistros auxiliares ou no telemático. Hai 30 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, aínda que terán preferencia os/as participantes en calquera das últimas cinco edicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

O curso vai dirixido a persoas afeccionadas á fotografía e ás artes plásticas en xeral, con ou sen coñecementos de fotografía. O programa inclúe tres sesións, que se celebrarán os días 24 de abril, e 8 e 22 de maio, de 20.00 a 21.30 horas, e nas que se abordarán as correntes fotográficas do novo realismo, o glamour e o abstraccionismo, así coma a imaxe dixital e as súas propostas.

Descargas

Compartir: