Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

34 webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do VI Carballo Interplay

O público poderá ver unha selección de propostas de Arxentina, Alemania, Nova Celandia, Canadá, Singapur, Brasil, Estados Unidos, Holanda, Italia, Líbano, Reino Unido, Rusia e, por suposto, España

Mércores 20 de marzo do 2019

34 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da sexta edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 3, 4, 5 e 6 de abril na vila coruñesa e que repartirá máis de 5.500 euros en premios. A organización do festival elixiu, entre máis de 200 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 7 propostas galegas e en galego, 10 do resto do estado e 17 do resto do mundo.

Cada un destes bloques competirá por cadanseu premio de 800 euros, que decidirá o xurado do festival, composto por Manuel Bartual, Christian Flores, Natalia Flores, Marta Piñeiro e Daniel D. Garcia. Ademais, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e un xurado novo composto por Carlota Añón Varela, Uxía García Jiménez e Sandra Romero García entregará outro premio de 400 euros. Tamén haberá un premio ao mellor guión patrocinado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e un premio á mellor dirección patrocinado pola Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA), dotados con 200 euros e trofeo. A produtora galega CTV patrocina un novo premio para a Mellor Campaña de difusión online, dotado con 500 euros. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

Entre as webseries internacionais que se poderán ver no VI Carballo Interplay hai propostas de Arxentina, Alemania, Nova Celandia, Canadá, Singapur, Brasil, Estados Unidos, Holanda, Italia, Líbano, Reino Unido e  Rusia. A maioría das series son en español (10), galego (7) e inglés (6), pero tamén se escoitarán historias en alemán (2), euskera, catalán, portugués, francés, ruso, hindi, holandés, italiano e árabe.

O Carballo Interplay ofrecerá, así, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das webseries a nivel global. Como vén sendo habitual, o humor terá unha presenza abafadora (14 das 34 webseries finalistas son comedias), pero tamén haberá oco para o drama (6), para o documental (4) e para o terror (3), o thriller, a ciencia ficción, o músical ou video blog.

As 34 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -tres internacionais e tres do Estado- nas tardes do xoves 4, do venres 5 e do sábado 6, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta ata completar aforamento.

As webseries finalistas

Versión orixinal en galego: Antolepsia, A Partida, As cores da lus do mundo, As Cousas Do Choio, Cativos na cociña, Mondo Nando e Rural Horror Storis.

Españolas: A Todo Riesgo 2, Boca Norte, Chichinabo, Gente hablando, La cabra volvió al monte, Mambo 2, Más de 100 mentiras, Neverfilms 2, Nosaltres e Puntu Koma.

Internacionais: AFK: This World and the Next, Blocked, Blurred and in the Dark, Bidune Kaid (Undocumented), Blackout, В постели (In bed), Cronache di un sequestro, Der Mann für die Sünde (The man for your sins), Drive, Ecrivain Public (Public Writer), Gorda, In absentia, Sleeping Beauty and the Man in the Red Suit, Som do amor 2, Subject: Dad, Tales From Pussy Willow, Tarde Baby e The Green Challenge.

Compartir: