Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Interplay encherá Carballo de humor feminista, sororidade e videoxogos

As cómicas arxentinas Charo López e Malena Pichot representarán o show Hermostra, por primeira vez en Galicia, e Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman falarán da sororidade nas redes

Martes 12 de marzo do 2019 Cultura

As cómicas arxentinas Malena Pichot e Charo López son congregan a millóns de seguidoras e seguidores nas redes sociais. Despois de acadar o éxito global hai dez anos cos seus vídeos cómicos, Pichot e López percorren o mundo cun show de humor con trazas de musical fallido, Hermostra, que se poderá ver en Galicia por vez primeira o venres 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo.

O show das cómicas arxentinas son será o único contido feminista desta nova edición do Carballo Interplay. O festival de contidos dixitais pon o foco, unha vez máis, nas mulleres creadoras e xuntará tres nomes de referencia no audiovisual dixital -Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman- para falar de como a sororidade nas redes une e fai máis fortes a mulleres de todas as idades e de todo o mundo. E máis agora, que o feminismo deu un golpe na mesa global para facerlle fronte á violencia machista e ao patriarcado.

Compartirá conversa con elas Isabel Cano, investigadora e desenvolvedora de videoxogos, responsable dos talleres de Girls Make Games en España e colaboradora activa en FemDevs. Cano ofrecerá a palestra Nin musas nin segundonas: as mulleres que crearon a industria do videoxogo, homenaxe ás mulleres que forman e formaron parte da industria do desenvolvemento de videoxogos, e mais un obradoiro gratuíto de creación de videoxogos para rapazas destinado a nenas de 10 a 13 anos.

Completarán o programa formativo desta edición o Campamento Kamikaze e mais a masterclass gratuíta Cómo crear para unha canle de YouTube? dunha das xestoras e a directora de proxectos da canle Tik Tak Draw. A partir da experiencia e estratexia de Asubío Media en YouTube, un enfoque cara ao traballo de comunidade, redes sociais e marketing dixital co que xa leva conseguido máis de 5 millóns de subscritores. 

Compartir: