Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Escuchando Elefantes arrinca en Carballo un "tour" para agradecer todo o apoio recibido tras o accidente de tráfico que paralizou a súa última xira

O circuíto ‘ We are fine, thank you’ (Estamos ben, grazas) comezará o venres 15 de febreiro no Auditorio Pazo da Cultura e percorrerá varias cidades españolas ata o mes de maio

Xoves 14 de febreiro do 2019

O grupo galego Escuchando Elefantes volve a subirse aos escenarios tras o parón do pasado ano motivado polo accidente de tráfico que sufriron os compoñentes da banda e que paralizou a súa actividade. Baixo o título We are fine, thank you (Estamos ben, grazas), Silvia Rábade e Carlos Tajes queren agradecer todo o apoio recibido polo público nos últimos meses cunha xira que percorrerá varias cidades da xeografía española e que fará a súa primeira parada este venres 15 no Auditorio Pazo da Cultura de Carballo (21:00 h)

As entradas para o evento están á venda a través de Ticketea e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do recinto. O concerto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo e forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia.

En decembro de 2017 a banda coruñesa dirixíase cara ao Reino Unido para comezar a xira europea de ‘ Hope, o seu último traballo, cando no norte de Francia sufriron un accidente de tráfico. O accidente paralizou a actividade do grupo. A isto sumáronse unha serie de incidentes que afectaron a ambos os compoñentes da banda. Sílvia necesitou unha intervención cirúrxica e Carlos sufriu queimaduras de segundo grao en máis do 50% da súa cara tras unha explosión.

Escuchando Elefantes regresa agora con forza tras recuperarse do accidente. Con We are fine, thank you, Silvia Rábade e Carlos Tajes volven subirse aos escenarios para reencontrase co público e agradecer as numerosas mostras de agarimo recibidas.

Nos concertos, a banda coruñesa repasará os principais éxitos da súa discografía, que conta xa con tres álbums de estudo e que os converteu nunha banda de referencia no panorama musical galego, cun directo no que conseguen unha complicidade absoluta co público grazas á proximidade e entrega que os caracteriza. A xira comezará mañá venres en Carballo e fará paradas en Vigo, Ourense, A Coruña, Madrid, Barcelona e Lugo.

Compartir: