Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Aberto do 5 ao 14 de febreiro o prazo de inscrición para un novo curso da Aula Municipal de Teatro

Descarga a folla de inscrición ao final desta nova

Luns 4 de febreiro do 2019 Cultura

Ensaio da Aula Municipal de Teatro, dirixida por Artur Trillo

Ensaio da Aula Municipal de Teatro, dirixida por Artur Trillo

Do 5 ao 14 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición no curso 2018-19 da Aula Municipal de Teatro. A oferta da Concellaría de Cultura, como nas últimas edicións, é de 25 prazas para maiores de 18 anos. Os e as aspirantes teñen a obriga de asistir con regularidade e puntualidade ás clases e participar, como mínimo, en dúas das actividades de intervención teatral propostas: Enterro da Sardiña, Programa das Letras, FIOT ou animación infantil, entre outras.

En canto aos criterios de selección, en primeiro lugar terán preferencia os e as participantes na anterior convocatoria e, en segundo lugar, considerarase a orde de inscrición. Coas persoas non admitidas elaborarase unha lista de agarda que se convocará para cubrir posibles baixas.

Ademais da orde de inscrición, en función das necesidades dos proxectos, que se estean realizando para a selección dos e das suplentes, poderán terse en conta as características persoais dos mesmos que a dirección da aula xustifique como necesarios.

As clases impartiranse no Pazo da Cultura desde febreiro a xuño e de setembro a outubro de 2019, podendo impartirse algunha clase específica durante o verán. Os horarios serán os xoves, de 18.30 a 20.00, no caso dos obradoiros de creación, e ás 22.00, no caso do ensaio xeral en equipo do espectáculo.

Descarga máis abaixo a folla de inscrición.

Descargas

Compartir: