Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

PREMIOS DA CULTURA GALEGA

O FIOT recibe o recoñecemento a 27 anos de traballo a prol das artes escénicas

O alcalde, o concelleiro de Cultura, o presidente da asociación Telón e Aparte e persoal vinculado ao festival asistiron ao acto de entrega en Montederramo

Sábado 12 de xaneiro do 2019 Cultura

FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) é o resultado do traballo colectivo, continuado, entregado e profesional de moita xente. Por iso, no acto de entrega do Premio da Cultura Galega ás Artes Escénicas, que recibiu este venres en Montederramo o festival carballés, non podían faltar as persoas que dende a parte técnica, creativa, de produción, e mesmo política, fixeron posible estes 27 anos de FIOT. O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro; persoal da área de Cultura e representantes da parte técnica e artística asistiron á gala, presidida polo presidente da Xunta.

O FIOT compartiu galardón nin máis nin menos ca con Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares. O xurado considerou que o FIOT, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, é “todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia”. 

Desde o seu inicio, no ano 1992, “foi medrando de xeito exponencial tanto na calidade das programacións como na fidelización de público. Pola súa traxectoria, calidade da programación e a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece está recoñecido como un dos máis importantes festivais de Galicia, cun programa que vén ofrecendo unha trintena de obras e preto de 100 actividades paralelas”, segundo reflicte o fallo.

Grazas!

Compartir: