Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A comisión de festas de San Xoán 2019 mantén a composición dos últimos anos e abre as portas a posibles incorporacións

As reunións celebraranse os martes ás 20.30 horas

Mércores 9 de xaneiro do 2019 Cultura

Á primeira xuntanza só faltou Daniel Pérez por motivos laborais

Á primeira xuntanza só faltou Daniel Pérez por motivos laborais

A comisión que vén organizando as festas de San Xoán nos últimos anos renovou na súa totalidade, e este martes xa celebrou a súa primeira reunión.

María José Souto Cristóbal continuará un ano máis á fronte da Asociación Cultural San Xoán, a entidade que se encarga da organización das celebración patronais coa colaboración do Concello de Carballo. Ademais da concelleira de Festas, Mar Eirís, na comisión tamén figuran a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e o concelleiro de Mocidade, Daniel Pérez, que, entre outras tarefas, encárgase da organización do festival Rockin’. En representación do Concello de Carballo tamén participa a técnica de Cultura, Carmen Castro, e por parte da veciñanza figuran Gustavo Lorenzo, Sergio Varela e Inés Rodríguez. Pero as portas da comisión continúan abertas á incorporación tanto de veciños/as a nivel individual como de entidades que queiran participar na programación dun dos principais eventos do ano no noso concello.

Neste sentido, a concelleira de Festas e a presidenta da comisión realizaron un convite a toda a cidadanía para contar cun equipo amplo e variado que responda á variedade social. As persoas interesadas só teñen que chamar ao Pazo da Cultura (981 704 300) e deixar os seus datos para poder ser convocadas para a vindeira reunión. As xuntanzas celebraranse os martes ás 20.30 horas.

Compartir: