Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

FIOT

300 escolares participaron no XVIII Concurso escolar de teatro lido "Xosé Manuel Eirís"

A final celébrase este domingo 11, ás 18.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura

Xoves 8 de novembro do 2018 Cultura

Non se pode dar por rematado o FIOT ata que non se celebra a final do Concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís. E este ano o colofón ao Festival Internacional Outono de Teatro poñerémolo este domingo 11, as 18.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura. O certame acada a súa maioría de idade con máis participación, xa que contamos cun total de 300 nenos e nenas de varios colexios da comarca de Bergantiños organizados en 42 grupos.

Xa se coñecen os grupos finalistas, e son os seguintes:

1ª categoría (Educación Infantil e Primaria):

  • Pobres animaliños, do grupo Agasallo do CPR Artai
  • Maruxa a Mariñeira, do grupo Mariñeiras do CPI plurilingüe Cabo da Area de Laxe
  • Quero ser outro, do grupo Cardume do CEIP Fogar
  • O galo Quirico, do grupo Os Teatreiros do San Luís, do CEIP Xesús San Luís Romero
2ª categoría (ESO, Bacharelato e CF):
  • As sete mulleres de Anllóns, do grupo As Sete Mulleres de Anllóns do CPI As Revoltas de Cabana
  • O ladrón, do grupo Os teatreiros do Monte Neme, do IES Monte Neme
  • Puchiño vermello, do grupo Lendo Lendas do IES Alfredo Brañas

Logo de escoitar as gravacións realizadas no estudo de Radio Voz Bergantiños, os finalistas foron consensuados polo xurado, integrado por Alba Bermúdez, actriz profesional, co-fundadora de Galeatro e colaboradora do FIOT; Santiago Pazos Iglesias, gran afeccionado ao teatro, articulista teatral e colaborador con medios de comunicación, Maruxa Suárez Cotelo, educadora infantil, voluntaria do FIOT e membro da Aula de Teatro Municipal de Carballo, e Francisco José Rodríguez Rodríguez, locutor de Radio Voz, entidade colaboradora.

Na final do domingo os grupos selecionados volverán a interpretar fragmentos das súas obras. Tras unha nova deliberación do xurado realizarase a entrega dos galardóns. Os clasificados recibirán premios patrocinados pola Libraría Brañas, valorados en 850 € e canxeables por libros e material didáctico. O acto estará presentado por Caxotoque ademais de ser o mestre de cerimonias amenizará a final cunha sesión de contacontos destinada ao público familiar. A continuación celebrarase unha chocolatada.

Compartir: