Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"Iphigenia en Vallecas" acadou o Premio do Público no Festival Internacional Outono de Teatro

A ocupación do Pazo da Cultura situouse arredor do 98% nesta 27ª edición, que logrou atraer ao público mozo e consolidarse como o principal festival de teatro de Galicia

Domingo 4 de novembro do 2018

María Hervás, protagonista de

María Hervás, protagonista de "Iphigenia en Vallecas"

Iphigenia en Vallecas, a obra de Serena Producciones protagonizada por la actriz María Hervás, acadou o Premio do Público na 27ª edición do Festival Internacional de Teatro (FIOT) de Carballo. A obra obtivo unha puntuación de 4,58 sobre 5.

Lolita Flores interpretando a Fedra tampouco defraudou. Era unha das montaxes máis agardadas, e de feito as entradas esgotáronse ás dúas horas de poñerse á venda. O espéctaculo acadou a segunda mellor puntuación do público, un 4,54. Tamén gustou o espectáculo Pss Pss da compañía suiza Baccalá, que acadou 4,52 puntos.

Dentro da sección OTNI o espectáculo mellor valorado, con 4,17 puntos, foi La tristeza de los ogros, de Théatre National de Wallonie-Bruxelles en coprodución con Teatros del Canal e Teatro Lliure.

O público tamén valorou as obras presentadas dentro do certame de Microteatro. A Bonequiña, da compañía Moito Morro, acadou a mellor puntuación, e así conseguiu o Premio do Público para o mellor espectáculo, mentres que o Premio do Público para a mellor interpretación foi para Diego M. Buceta polo espectácuo As vacacións máis longas.

A 27ª edición do FIOT, a máis grande e mellor acollida

O FIOT incluíu este ano 15 estreas

O FIOT incluíu este ano 15 estreas

A 27ª edición do FIOT confirmou que é un evento consolidado e que se posiciona coma o maior festival de teatro de Galicia, xa que ofrece a oferta teatral máis ampla da nosa comunidade. Este ano o FIOT bateu récords con 41 espectáculos, cun total de 61 funcións, e un centenar de actividades complementarias.

A falta da celebración da Final de Teatro Lido o vindeiro día 11, o público xa valorou esta edición do FIOT coma un festival de alta calidade. O programa incluiu 15 estreas (10 en Galicia e 5 absolutas), as mellores compañías do panorama teatral de España e espectáculos de catro países (Bélxica, Suíza, Arxentina e Guinea Ecuatorial). Postas en escea actuais e contemporáneas, de formatos e disciplinas moi variadas e con algúns dos directores, dramaturgos e intérpretes máis interesantes do panorama actual coma Paco Becerra, Luís Luque, Celso Giménez, Marta Buchaca, Tito Asorey, María Hervás, Cándido Pazó, Yayo Cáceres, Pablo Remón, Álex Rigola, Fabrice Murgia, Borja Fernández, Iván Morales, Alfredo Sanzol...

A resposta dos espectadores foi excelente, e así esgotáronse os 200 bonos postos á venda e as entradas de 8 dos 10 espectáculos do programa de sala, que tivo unha taxa de ocupación do 98% e un récord de participantes: 11.500, dos que 7.452 acudieron como espectadores nas funcións do Pazo da Cultura e da Rúa dos Contos.

O FIOT logrou atraer ao público mozo

Nesta edición do FIOT os organizadores tiñan posta a mirada en atraer aos mozos e mozas que naceron co cambio de século, e que agora están a acadar a maioría de idade. Con esa finalidade programáronse espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados “millennials” ou xeneración Z. O obxetivo cumpriuse e constatouse un incremento da presenza de espectadores novos en moitas funcións, o que constitúe o inicio dunha conexión na que seguirán incidindo futuras edicións do festival.

20 anos de Rúa dos Contos

Paseo da Fama na rúa Valle Inclán

Paseo da Fama na rúa Valle Inclán

Este ano festexábase o 20º aniversario da Rúa dos Contos, e para celebralo houbo un excelente programa de actuacións, ademais dunha exposición que fai un percorrido polos máis de 130 compañías e 290 artistas que participaron nestes anos e tamén pola atractiva e divertida iconografía que forma parte da historia do certame.

Ademais, este ano creouse o Paseo da Fama da Rúa dos Contos na rúa Valle Inclán de Carballo. Unha homenaxe na que participaron artistas plásticos de Carballo baixo a coordinación de Santiago Pazos. Un Paseo que manterá presentes durante moito tempo os nomes de moitos dos artistas que deron vida á Rúa dos Contos.

O FIOT ten vontade de dinamizar Carballo, e este compromiso maniféstase nas múltiples actividades paralelas que lle dan vida e sentido ao festival. Case un centenar de actividades que forman parte dunha ducia de programas (Fiotiño, Escola do Espectador, Café con…, obradoiros, exposicións, Zoom Fiot, Premio do público, programa de voluntariado, Dálle un bocado ao FIOT (organizado pola Concellaría de Promoción Económica), Xograr de Outono ou o máis recente, FioTEEN, dedicado aos adolescentes e que incorporou aos institutos ao FIOT con espectáculos e propostas de promoción do festival). Máis de 4.000 participantes estiveron implicados nestas actividades, que redundan na creación e formación de público e en ampliar a dimensión cultural do FIOT a outras artes e disciplinas.

Agradecementos

O FIOT volve a demostrar por que é todo un referente nas artes escénicas galegas e un dos máis importantes festivais galegos, condición que este ano lle recoñeceu a Xunta de Galicia concedéndolle o Premio da Cultura Galega, o galardón cultural máis relevante da nosa comunidade.

Case a piques de rematar, a organización quere agradecer sobre todo aos espectadores a súa entrega e participación. Así mesmo, a todas as institucións que fan posible o FIOT, que organizan a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, e especialmente o apoido da Deputación da Coruña, AGADIC (Xunta de Galicia), INAEM (Ministerio de Cultura), Fundación Luis Calvo Sanz, pero tamén a locais de hostalaría, medios de comunicación, locais comerciais e centros de educativos que colaboran e permiten que o FIOT sexa unha realidade.

Compartir: