Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Ábrese o prazo para presentar webseries ao 6º Carballo Interplay, que se celebrará do 3 ao 6 de abril

As persoas que queiran participar poden facelo dende hoxe mesmo ata o 18 de febreiro na web www.carballointerplay.com

Venres 2 de novembro do 2018 Cultura

A sexta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 3, 4, 5 e 6 de abril de 2019, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas webseries ou proxectos de webserie á súa sección oficial, que repartirá máis de 5.000 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 18 de febreiro a través da web www.carballointerplay.com, de xeito gratuíto.

As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2017 e 2019 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais.

Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webserie, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. Tamén haberá un premio ao mellor guión e un premio á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

As webseries producidas en Galicia optan, polo tanto, aos dous premios de Mellor webserie e Mellor webserie VO Galego. En todo caso, só poden optar ao premio á Mellor webserie VO Galego aqueles traballos cuxa versión orixinal sexa en lingua galega. Neste sentido, a organización sinala expresamente que se reserva o dereito a deixar deserto o premio, en caso de que non concorran a concurso un mínimo de tres webseries en lingua galega. Advirte, tamén, que no caso de que o xurado decida que dúas webseries resultan premiadas na mesma categoría a dotación económica se repartirá a partes iguais entre as gañadoras.

Ademais, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na sexta edición do festival.

Ademáis,o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na sexta edición do festival.

Ligazóns

Compartir: