Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ESTE VERÁN #BIBLIONÍZATE!

Os puntos de “bookcrossing” das praias de Razo e Pedra do Sal permanecerán activos ata o 8 de setembro

As dúas zonas de recollida e entrega de libros están situadas nos postos de salvamento e socorrismo

Xoves 30 de agosto do 2018 Cultura

Os puntos de bookcrossing instalados este verán nas praias son todo un éxito, e por iso desde a Concellaría de Cultura decidimos mantelos ata o peche oficial da temporada de verán, o vindeiro 8 de setembro.  

O funcionamento é moi sinxelo e consiste en tres pasos: atopa, le e libera. Para atopar os libros abonda con achegarse ao puntos de intercambio, instalados nas bases de salvamento e socorrismo de Razo e Pedra do Sal. Unha vez seleccionado o exemplar, o/ausuario/a poderá levalo consigo e desfrutar da súa lectura onde e cando queira. Finalmente, o libro liberarase deixándoo no mesmo punto ou noutra zona oficial bookcrossing. A iniciativa pretende converter os nosos areais nunha gran biblioteca ofrecendo aos visitantes un servizo publico de lectura sen necesidade de que ninguén teña que traer o libro da casa.

A iniciativa vai enmarcada na campaña #biblionízate!, impulsada este verán desde as nosas bibliotecas para espallar o virus da lectura a distintos espazos. De feito, tamén temos operativo un punto de bookcrossing no Museo de Bergantiños, e de cara ao inverno posiblemente estableceremos outros novos.

Entre o volume de exemplares xa liberados atópanse todo tipo de títulos dirixidos ao público xuvenil e adulto.

Compartir: