Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

VERÁN CULTURAL

Amancio Prada regresa unha vez máis a Carballo para manter viva a chama dunha relación que empezou hai máis de 40 anos

Evencio Ferrero e Luciano Calvo asinaron hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación Luis Calvo Sanz que fará posible o concerto da semana que vén

Venres 27 de xullo do 2018

Evencio Ferrero, Luciano Calvo e Carmen Castro

Evencio Ferrero, Luciano Calvo e Carmen Castro

Case ao mesmo tempo que Evencio Ferrero e Luciano Calvo asinaban un novo convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Luis Calvo Sanz, nesta ocasión para a celebración do concerto de Amancio Prada do vindeiro 3 de agosto, o cantante leonés agasallaba aos carballeses e carballesas, a través das redes sociais, con Consellos, un poema de Celso Emilio Ferreiro musicado por el (podedes escoitalo na ligazón inferior).

Non é a primeira vez que Amancio Prada se dirixe ao público carballés a través do Facebook. A última vez que nos visitou, fai agora catro anos, utilizaba as redes sociais para transmitir as súas ganas de volver a cantar en Carballo e de reencontrarse cun público “siempre acogedor y entusiasta”, ademais de lembrar ao seu “amigo muy querido” Xosé Manuel Eirís.

Porque a relación de Amancio Prada con Carballo remóntase moito tempo atrás. A primeira vez que estivo na nosa vila foi en decembro de 1975, convidado polo director do instituto Alfredo Brañas, “un paisano mío del Bierzo”, lembra, chamado José Antonio Iglesias. Entre o público atopábase, precisamente, Xosé Manuel Eirís, que daquela tiña 16 anos e que quedou marcado por aquela actuación.

Amancio Prada

Amancio Prada

O propio Xosé Manuel Eirís, durante a súa etapa como técnico de cultura do Concello de Carballo, convidou varias veces a actuar a Amancio Prada. E así, aínda despois da desaparición do seu amigo, o cantante leonés continúa mantendo o vínculo e o afecto á nosa vila. Nesta ocasión presentaranos Meus poetas en París, unha oportunidade única para escoitar algunhas cancións, de profundas raíces populares e pura sensibilidade, de cantores e poetas coma Brassens ou Moustaki, ademais de temas propios e dos baseados en textos de autores galegos coma Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Celso Emilio Ferreiro.

O concerto celebrarase o 3 de agosto ás 22.30 horas na Praza do Concello, grazas á colaboración entre a Concellaría de Cultura e a Fundación Luis Calvo Sanz. O convenio asinado hoxe, nun acto ao que tamén asistiu a técnico de Cultura do Concello de Carballo, Carmen Castro, permitiranos gozar de balde dunha gran voz que pon música coma ninguén aos grandes poetas.

Vídeos

Compartir: