Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

BOOKCROSSING NAS PRAIAS, FOTOGRAFÍAS NAS REDES SOCIAIS, CLUBS DE LECTURA...

Este verán #biblionízate, porque ti vas ser o/a principal protagonista das actividades da Biblioteca Rego da Balsa

A biblioteca carballesa é a terceira da rede galega en documentos prestados e a segunda en usuarios/as activos

Luns 2 de xullo do 2018 Cultura

Este verán #biblionízate!

Contáxiate do virus da lectura e espállao alí onde esteas. Na Biblioteca Rego da Balsa presentámosche unha proposta de actividades na que, máis ca nunca, ti serás protagonista. Sintoniza con nós para compartir o noso día a día, e para que poidamos amosarche todo o que pode dar de si unha biblioteca, e comparte ti tamén con nós o que estás a facer e, sobre todo, o que estás a ler!

Publica unha foto túa co que estás a ler en calquera das redes sociais que usamos e utiliza a etiqueta #biblionízate para que poidamos localizarte. Ou, se o prefires, envíanolas por correo electrónico a biblioteca@carballo.gal. A canle escóllea ti, pero #biblionízate!

Esta semana estaremos na Praza dos Libros, así que o xoves e o venres teremos horario reducido de 10.30 a 13.30 horas. Pola tarde poderás visitarnos na caseta da Feira da Creatividade Cultural de Carballo, no Xardín Municipal, onde teremos moitas sorpresas para vós.

E cando o tempo anime máis a ir á praia non te preocupes se te esqueces de levar un libro ou se rematas de lelo durante a tarde, porque teremos novos puntos de bookcrossing onde poderás deixar ou recoller novas lecturas. Pregúntanos se queres saber máis sobre esta iniciativa. Se queres, tamén estás convidado/a a participar nos clubs de lectura que temos activos durante todo o ano, o da biblioteca e o da Asociación de Irmanamento con L’Isle Jourdain. Infórmate e participa!

Para os/as peques, os sábados pola mañá xa estamos celebrando o Laboratorio Gráfico de Ilustración, un obradoiro teórico-práctico para nenos e nenas a partir de 8 anos no que temos cubertas todas as prazas.

Horarios de verán

Durante o mes de xullo mantemos o noso horario habitual de 10.30 a 20.30 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 13.00 os sábados. En agosto reducimos horario pero estaremos con vós de luns a venres de 10.30 a 13.30 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

A ludoteca da Desiderio Varela estará aberta de luns a vernes de 11.00 a 13.00 horas.

E na Biblioteca Municipal do Museo tes acceso libre de luns a venres de 08.30 a 14.30 horas.

Rede de bibliotecas de Galicia

A Biblioteca Rego da Balsa non só destaca pola cantidade e variedade de actividades que acolle ao longo de todo o ano, senón tamén por outros motivos. Segundo o último informe publicado pola Consellería de Cultura, a Rego da Balsa é a segunda das 202 que integran a Rede de bibliotecas públicas de Galicia en número de usuarios/as activos, cun total de 1.734 (a primeira é a de Narón, con 1.827), e a terceira en número de documentos prestados, con 14.564 (a primeira é a de Narón con 16.095, e a segunda, Os Templarios de Cambre con 14.664).

As cifras son un reflexo da intensa actividade que se rexistra na Biblioteca Municipal Rego da Balsa, na que ademais de libros, cómics, discos, videoxogos, xornais, revistas, películas... desenvólvense numerosas actividades de promoción cultural.

Compartir: