Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

“Protexida”, a cachela inspirada no mural de Animalito Land, gañou o primeiro premio do tradicional concurso de San Xoán

O segundo posto foi para “Os Castrelos”, que non arderán ata o día 29, e o terceiro, para “A cachela das galaxias”

Domingo 24 de xuño do 2018 Cultura

A cachela gañadora e o seu autor

A cachela gañadora e o seu autor

O fallo non foi doado, pero finalmente o xurado optou por outorgar o primeiro premio do Concurso de Cachelas a Protexida, inspirada no mural de Animalito Land situado xusto detrás e actualizada para convertela nunha figura reivindicativa contra a violencia de xénero. O seu autor, Maximino Pazos Noya, conseguiu os 600 euros do galardón e un trofeo patrocinado por Sargadelos Galería de Carballo. A cachela, que reproduciu as figuras centrais do mural da artista arxentina, recibiu unha chea de visitas xa durante os días previos, e tamén onte foron moitas as persoas que se achegaron ata a rúa Río Anllóns antes de que fose consumida polo lume.

A que aínda tardará uns días en arder é Os castrelos, a cachela gañadora do segundo premio, dotado con 300 euros, que nos convida a regresar á época dos castros. O grupo que a construíu non ten previsto queimala ata o día 29, así que aínda podedes pasar pola rúa Carré Aldao, na zona do complexo deportivo Carballo Calero e o CEIP Bergantiños, para vela. Paga a pena!

O terceiro premio quedou no barrio de San Cristovo, en concreto na rúa Buxos, onde A cachela das galaxias, unha nave espacial moi peculiar obtivo os 200 euros do terceiro premio.

Este ano entraron en concurso un total de 13 cachelas situadas en distintos barrios carballeses. Polo simple feito de participar, e sempre que se reúna unha calidade mínima, todas reciben unha gratificación de entre 20 e 50 euros.

Vídeos



Galería

Compartir: