Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

CARBALLO EN FESTAS

A verbena coa orquestra París de Noia abre a ampla e variada programación musical do San Xoán

A animación musical na Praza do Concello comezará ás 22.00 horas co DJ Álex Naya

Xoves 7 de xuño do 2018 Cultura

A concelleira de Festas e o alcalde reuníronse hoxe cos empresarios que colaboran na organización desta primeira verbena

A concelleira de Festas e o alcalde reuníronse hoxe cos empresarios que colaboran na organización desta primeira verbena

A colaboración entre o Concello de Carballo e un grupo de empresarios/as da hostalaría fará posible contar este venres 8 en Carballo cunha das orquestras máis aclamadas da nosa comunidade e unha das poucas que logra reunir entre os seus incondicionais a xeracións de varias décadas. As súas melodías, tanto valen para un “solto” como para un “agarrao” e no seu repertorio sempre nos adiantan os que serán os grandes éxitos da temporada. Cada vez que se suben ao escenario, e hai xa máis de medio século, a maquinaria ponse en marcha e a engrenaxe comeza a funcionar á perfección sen deixar nada ao azar. Si, falamos d París de Noia, coa que abrimos oficialmente a ampla e variada programación musical do San Xoán.

Hoxe a concelleira de Festas, Mar Eirís, e o alcalde, Evencio Ferrero, mantiveron unha xuntanza cunha representación dos/as hostaleiros/as que veñen colaborando co Concello nos últimos anos, xunto con outras entidades, para estender as celebracións a todo o mes. Na reunión concretáronse os últimos detalles e, por suposto, falouse do tempo. As previsións para a hora da verbena indican que non choverá, así que confiemos en que se cumpran.

Unha banda de 28

A orquestra París de Noia actuará mañá venres ás 22.30 na Praza do Concello, onde a animación musical xa comezará ás 22.00 co DJ Álex Naya

Logo de cinco décadas, a historia da París escríbese con letras de ouro e moito nomes propios, tanto a un lado como a outro do escenario, e desde as orixes ata a actualidade. Son os nomes dos/as 16 músicos/as e os/as 12 técnicos que a integran na actualidade pero tamén dos homes e mulleres que formaron parte da súa traxectoria e do seu pasado. Entre os/as seus integrantes figuran boa parte dos/as mellores profesionais do panorama musical galego. Os irmáns García (fillos do fundador), Xosé Somoza, os irmáns Solar, Moncho Ces, Manuel Bandin, Miro Lamas, Juan Léis, Leandro Cruz, Fernando Resúa, David Barciela Oscar Rodil, Manuel Brey, Carlos Bastón... son pezas clave dunha orquestra que contou, entre os seus cantantes, con voces tan extraordinarias como a de José Antonio Blas (actualmente na dirección artística), Pepi Rama, Pedro Conde, Quico Bea, Vanesa Fernández, David Balboa, Yesica Santín, Ruth Núñez, Cristian Maya ou Cibrán Insua, entre outros/as. 

Este San Xoán fan parada en Carballo para presentar novo espectáculo en directo e arrincar os primeiros compases dunha temporada que promete seguir sorprendendo e recollendo os aplausos dun público máis entregado que nunca en pleno fervor polas verbenas. Un macro-espectáculo con todos os ingredientes para ser un éxito sen perder o seu selo de identidade: últimas tendencias musicais, renovadas coreografías, unha estudada escenografía e o último en iluminación e son ademais das mellores voces e bailaríns/as do panorama actual. Terémolos o venres ás 22.30 na Praza do Concello, onde a animación musical xa comezará ás 22.00 co DJ Álex Naya.

Compartir: