Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O CEIP Xesús San Luís Romero entra na historia das Letras Galegas cun traballo plástico sobre María Victoria Moreno

A directora do centro e o alcalde reivindican un Día das Letras dedicado ao autor carballés que dá nome ao colexio

Mércores 16 de maio do 2018

Esta foto de familia queda tamén para a historia

Esta foto de familia queda tamén para a historia

O CEIP Xesús San Luís Romero xa forma parte da historia das Letras Galegas grazas ao traballo gráfico Victoria Moreno, mestra con alma, gañador do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018, convocado pola Xunta de Galicia. A exposición esta conformada por unha serie de carteis elaborados polo alumnado con diversos materiais e técnicas, e que, en opinión do xurado, posúen “gran beleza e calidade plástica, e son moi orixinais e innovadores ao incluír códigos QR que animan ao alumnado e o profesorado a ampliar información sobre a autora homenaxeada e pictogramas para favorece a inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais”. Un deles, o titulado “A prol da igualdade” foi elixido ademais para visibilizar a campaña das Letras en todos os establecementos da marca Vegalsa-Eroski.

Cartel elixido para a campaña de Vegalsa-Eroski

Cartel elixido para a campaña de Vegalsa-Eroski

O traballo do colexio carballés foi seleccionado entre todos os presentados polos centros de infantil e primaria de Galicia, o que constitúe un motivo de orgullo, tal como quedou de manifesto no acto de entrega do premio, dotado con 2.000 euros, un cheque intercambiable por produtos da marca Feiraco e un diploma acreditativo. O acto reuniu no CEIP Xesús San Luís Romero ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente de Feiraco, José Montes, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ademais doutros representantes da Administración e da comunidade educativa.

A directora do centro, Marisa López, tivo palabras de agradecemento para todas e cada unha das persoas que colaboraron no proxecto pero tamén no día a día da actividade do colexio. “Este premio –dixo- supón moitísimo máis que unha dotación económica e un diploma. Este premio é unha reivindicación do noso prestixio e competencia, e é tamén un pulo para seguir asumindo novos retos e emprendendo novas tarefas”.

Marisa López pechou a súa intervención reclamando un Día das Letras Galegas para Xesús San Luís Romero, “zapateiro e escritor”, unha demanda que reiterou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. “Que o Día das Letras sexa un arranque para que algún día este país recoñeza a San Luís Romero”, manifestou.

Ligazóns

Vídeos



Galería

Compartir: