Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ESGOTADAS AS ENTRADAS PARA O CURRUNCHO POP

O teatro inaugurou unha fin de semana na que tamén poderás gozar da música, a fotografía e a escultura sen saír de Carballo

Moito público no Pazo da Cultura para ver a espectacular montaxe do Centro Dramático Galego na súa versión actualizada do clásico de Valle-Inclán “Divinas Palabras”

Sábado 5 de maio do 2018 Cultura

O elenco de

O elenco de "Divinas Palabras Revolution" saudou tres veces ao remate do espectáculo

Esta fin de semana non tes que saír de Carballo para gozar dunha oferta cultural ampla, variada e de calidade. En realidade comezamos o xoves coa entrega de premios e a inauguración da exposición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que podes visitar ata o día 30 na sala baixo-cuberta do Pazo da Cultura. Neste mesmo edificio, pero no auditorio, tivemos a sorte de asistir esta mesma noite á representación de Divinas Palabras Revolution, a última e espectacular montaxe do Centro Dramático Galego para ofrecernos unha versión absolutamente actual e rompedora do clásico de Valle-Inclán.

Con máis de 200 butacas ocupadas, o auditorio volveu a converterse esta noite no centro neurálxico da movida cultural carballesa. Sobre o escenario, un elenco integrado por actores e actrices tan coñecidos e recoñecidos coma Manuel Cortés ou Patricia de Lorenzo, que nos ofreceron un auténtico reality en directo. Con esa mestura entre Valle-Inclán, o “toque” inconfundible de Chévere, a posta en escena do Centro Dramático Galego e un equipo técnico e artístico de primeira, o resultado foi, como estaba previsto, un gran e sorprendente espectáculo.

Algúns dos

Algúns dos "Voantes" da exposición de Laura Tova

Os/as espectadores/as máis madrugadores aínda tiveron tempo de visitar as dúas exposicións que están abertas estes días no Pazo da Cultura. No andar -1, xunto ao auditorio, aínda poden verse ata o domingo os Voantes de Laura Tova, que, por certo, foi unha das asistentes ao teatro. Esta primeira incursión da artista plástica carballesa no mundo da cerámica, o modelado e a escultura é todo un descubrimento, que ti tamén podes facer se te achegas o sábado ou o domingo de 17 a 21 horas.

Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís

Se subes á última planta por calquera dos ascensores do Pazo da Cultura (o panorámico levarate directamente) poderás facer outro descubrimento, porque desde o xoves pola noite están expostas un total de 76 obras seleccionadas entre as 233 que se presentaron ao Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, entre elas, nun lugar destacado, as catro premiadas. Ángel Atanasio Rincón, natural de Villarrubia de los Ojos (Ciudad Real), estivo o xoves en Carballo para recoller o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma, de mans do alcalde. Introspectiva 3 é, como el mesmo definiu, unha fotografía “intimista”, que alude ao tipo de educación da súa infancia. Xunto a el estiveron o coruñés Martiño Martínez Porto, gañador do segundo premio (750 euros e diploma, patrocinado pola Fundación Calvo), que ademáis de explicar Azul, a súa foto, convidou a todos os sectores implicados a traballar para incrementar a presenza de mulleres no premio; Antonio Gutiérrez Pereira, de Vigo, que acadou un accésit de 300 euros e diploma, patrocinado por primeira vez por Interfilm Carballo, pola imaxe Dobrar o tempo, e Juan Rodríguez Pazos, da Estrada, autor da fotografía gañadora do Premio Especial Carballo, dotado con 500 euros e diploma, Acuarela de Razo.

Premiados, xurado, organizadores e patrocinadores do Certame

Premiados, xurado, organizadores e patrocinadores do Certame

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cumpre vinte anos neste 2018. O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, anunciou que en novembro celebrarase unha exposición retrospectiva e editarase un catálogo. Neste vinte anos o Concello de Carballo atesoura 83 obras (todas as premiadas), moitas das cales poden verse a diario nos corredores do propio Pazo da Cultura. O alcalde pechou o acto insistindo en que “Carballo é cultura”, como demostran este tipo de iniciativas.

30º aniversario de Trámitess

E outra mostra máis de que Carballo é cultura atopámola este sábado na Biblioteca Rego da Balsa, que acolle un novo concerto do Curruncho Pop. Desta volta contamos cun grupo local, Trámitess, que celebra o seu 30º aniversario rodeado de amigos. Hai tanta expectación que os 100 convites dispoñibles esgotáronse onte venres. Para os/as que chegaron a tempo, a cita empezará ás 20.30 horas.

Compartir: