Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O CONCURSO ACADA NESTA EDICIÓN UN CENTENAR DE PARTICIPANTES

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís celebra o seu 20º aniversario cun amplo programa de actividades paralelas

Evencio Ferrero e Luciano Calvo asinaron hoxe o convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Luis Calvo Sanz, que patrocina o 2º premio. Este ano tamén colabora Interfilm co accésit

Luns 9 de abril do 2018

Marcos Trigo, Luciano Calvo e Evencio Ferrero, na sinatura do convenio

Marcos Trigo, Luciano Calvo e Evencio Ferrero, na sinatura do convenio

O Concello de Carballo, con motivo do vixésimo aniversario do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, elaborou un programa de actividades paralelas, que se desenvolverán nas vindeiras semanas. Ademais da convocatoria do propio concurso, dotado cun total de 3.050 euros, o xoves 19 de abril terá lugar no Pazo da Cultura a entrega premios e a inauguración da exposición da selección dos mellores traballos realizada polo xurado.

Como ocorrese na décima edición, este ano para conmemorar o XX Certame Xosé Manuel Eirís o Concello publicará un catálogo que recolle as obras gañadoras e outras premiadas entre 2009 e 2017: 42 fotografías ás que se sumarán as mellores de 2018.

Cursos de formación

Para completar o cartel de actividades paralelas, a Concellaría de Cultura programou tres cursos de formación:

  • Un curso de “Fotografía e composición e lectura da imaxe fotográfica”, para 30 alumnos, que impartirá no Pazo da Cultura Ángel Cordero, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Serán catro sesións de 90 minutos, do 18 de abril ao 9 de maio, de 20.00 a 21.30 horas. A inscrición, de balde, farase na Concellaría de Cultura o por correo electrónico. Se o número de interesados é maior que o de prazas ofertadas, terán preferencia os participantes nas últimas cinco edicións do Certame Xosé Manuel Eirís. O prazo para apuntarse remata o 15 de abril. O temario inclúe as correntes fotográficas e os seus autores e a imaxe dixital e as súas propostas.
  • Un curso de fotografía para mozos e mozas que se estean iniciando no mundo da fotografía a través de dispositivos móbiles. Terá lugar no mes de xullo. 
  • Un último curso de iniciación á fotografía destinado a afeccionados en xeral. Terá lugar no mes de novembro.  

Premios

O pasado martes día 3 deste mes rematou o prazo de entrega de premios ao XX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, co que o Concello de Carballo quere contribuír á creación artística e a fomentar a divulgación da fotografía, ademais de recoñecer a figura dunha persoa que estivo sempre vinculada ao mundo cultural artístico de Carballo e Galicia. O concurso reparte estes premios:

  • 1º premio: 1.500 € e diploma.
  • 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
  • Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
  • Accésit: 300 €, patrocinado por Interfilm Carballo por primeira vez.

Presentación

Evencio Ferrero e Marcos Trigo, na presentación do programa de actividades

Evencio Ferrero e Marcos Trigo, na presentación do programa de actividades

As actividades paralelas ao certame presentáronse esta tarde no Pazo da Cultura nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. Logo de explicar polo miúdo o programa Trigo afirmou que o Xosé Manuel Eirís é “un certame xa consolidado, con 79 premiadas ás que haberá que sumar ás gañadoras desta vixésima edición. Participan –engadiu- un bo número de autores, tanto de Galicia como de outros puntos de España. Este ano o certame chegou aos cen participantes. Despois de vinte edicións xa temos unha colección importante e considerable, entre as que atopamos técnicas e estilos moi diversos e nas que se poden apreciar traballos de moita calidade”, rematou.

Ferrero comenzou a súa intervención agradecendo os patrocinios por parte da Fundación Luis Calvo e de Interfilm.  Precisamente, hoxe pola mañá o alcalde asinou o convenio de colaboración con Luciano Calvo, en representación da fundación. “O premio xa ten un percorrido, xa ten maioría de idade e en todos estes anos houbo premiados de moitos lugares do Estado. Ademais cumpre co que pretendemos: fomentar a fotografía e honrar a quen foi un gran técnico de cultura, o primeiro que tivo ese cargo no Concello de Carballo, e unha persoa tremendamente comprometida coa música, pero tamén coa artesanía e a fotografía e en xeral coa cultura. Esta vixésima era unha edición especial e por iso cremos que precisaba dunha programación especial”.

Compartir: