Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

AXENDA CULTURAL DA FIN DE SEMANA

De Vacas e o Curruncho Pop poñen música a unha fin de semana cargada de propostas para todos os públicos

Venres 16 de marzo do 2018 Cultura

Despois de gozar durante toda a semana con propostas culturais tan interesantes como o concerto de presentación do novo disco de MJ Pérez (na imaxe), o espectáculo infantil de Paco Nogueiras, a presentación do Bonus Track de Rosalía Fernández Rial ou os concertos do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, entramos de cheo nunha fin de semana na que seguirá soando a música e abriremos as portas a novas propostas culturais para todos os públicos.

VENRES

Concerto De Vacas.
Pazo da Cultura. Ás 21h.
O cuarteto musical De Vacas regresa a Carballo cun espectáculo fresco e moi divertido capaz de emocionar e facer rir ao público a partes iguais. Unha proposta diferente e moi orixinal que pretende rescatar tarareos populares e versións de temas coñecidos e maltratados pola historia para facernos pasar un noite inesquecible. Puro deleite musical que non podes perder. Ven pacer con elas! Entrada: 5 € (3,5 € reducida)

Exposición XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.
Andar 1-Pazo da Cultura. Se che gusta a artesanía tradicional e contemporánea estás de sorte. A partir de hoxe e ata o vindeiro día 27 poderás desfrutar dunha mostra que recolle as obras seleccionadas do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas, organizado pola Deputación da Coruña. Unha posta en valor da artesanía galega que o Concello de Carballo achega a todos os veciños e veciñas co fin de dar a coñecer o traballo dos nosos artesáns. Xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura son algunhas das disciplinas recollidas nunha escolma que mestura as pezas máis arraigadas coas novas creacións, incluíndo obras feitas a partir de refugallos. Entrada libre

SÁBADO

Curruncho Pop. Concerto de Larkhill e Alasdair Roberts.
Biblioteca Rego da Balsa. Ás 20.30h
O sábado os/as amantes da música e das bandas alternativas volven ter una cita co Curruncho Pop. Nesta ocasión, a protagonista será a música folk, que chegará a Carballo da man do grupo carballés Larkhill e do músico escocés Alasdair Roberts. O folk escuro e moi persoal da formación local- integrada por Pablo Moreira (guitarra), Daniel López (baixo), Gonzalo Fernández (guitarra) e Alita (acordeón)-, que xa conta con varios traballos en bandcamp e EP Earth Communitas, será un dos pratos fortes da velada xunto coa actuación do prestixioso músico escocés Alasdair Roberts, toda una lenda do folk. Este recoñecido e respectado artista conta cunha dilatada traxectoria musical, primeiro baixo o nome de Appendix Out e, desde 2001, co seu propio. Coñecidas son tamén as súas frecuentes colaboracións con músicos da talla de Will Oldham, Jason Molina, Gerard Love ou Isobel Campbell. Ademais é membro do grupo folk The Furrow Collective. Un espectáculo único e en rigoroso directo! Entrada de balde. Aforo limitado. Reservas no 981 758 580

DOMINGO

Teatro con Elefante Elegante.
Pazo da Cultura. Ás 18h.
Que pasaría se de súpeto deixase de chover para sempre? A esta e outras cuestións atoparán resposta este domingo 18 os máis cativos/as da casa en Danza da Choiva, un espectáculo infantil da compañía teatral Elefante Elegante galardoado co Premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil. Trátase dunha obra cómica e sen palabras na que conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques, cunha posta en escena moi visual e poética. Este domingo vémonos no teatro! Entrada: 3 € (2 € reducida)

Compartir: