Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ABERTO ATA O 3 DE ABRIL O PRAZO DE PARTICIPACIÓN

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cumpre vinte anos consolidado como un premio de referencia a nivel estatal

O Concello de Carballo conta nesta ocasión coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz e da empresa Interfilm

Xoves 15 de febreiro do 2018

Primeiro premio do 2017,

Primeiro premio do 2017, "Teatro de lo humano", de José Ramón Luna de la Ossa

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís está de aniversario. Neste 2018 fará vinte anos que se celebrou por primeira vez, e por iso desde a Concellaría de Cultura estamos a preparar unha edición moi especial. Polo momento xa temos aberto o prazo de inscrición ata o 3 de abril para todos/as os/as fotógrafos/as que queiran participar. Ao longo destas dúas décadas, o concurso acadou a plena consolidación a nivel estatal, como demostra participación, ano tras ano, de artistas de todo o país.

As bases non varían con respecto a edicións anteriores. Estes son algúns dos aspectos máis salientables:

  • Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
  • As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
  • Os traballos fotográficos que se presenten ao certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
  • As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
  • Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

Premios

  • 1º premio: 1.500 € e diploma.
  • 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
  • Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
  • Accésit: 300 €, patrocinado por Interfilm Carballo por primeira vez.       

Presentación

As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo. Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica. É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte. Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:

  • Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
  • Solicitude de participación na que conste o pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
  • Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc.
  • Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
Podedes consultar as bases íntegras no folleto adxunto.

Descargas

Compartir: