Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Campamento Kamikaze do CIP ofrecerá en Razo tres días de "experiencia audiovisual extrema"

Este domingo, día 18, remata o prazo para presentar webseries á sección oficial do Carballo Interplay, que se celebrará do 4 ao 7 de abril

Xoves 15 de febreiro do 2018

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay continúa anunciando novidades para a súa quinta edición, que terá lugar a primeira semana de abril. O Campamento Kamikaze ofrecerá -os días 2, 3 e 4 de abril, nos días previos ao festival- unha "experiencia audiovisual extrema" ás 24 persoas participantes, que se enfrontarán ao reto de idear, gravar e posproducir unha serie en tres xornadas de traballo intenso. "Trátase", asegura Sonia Méndez, directora do festival, "de aprender facendo e traballando man a man con profesionais como David Sainz, Teresa Segura, Enrique Lojo, Óscar Cruz, Jorge Boquete, Anxos Fazáns, Silvia Fuentes e Lucía Catoira". 

O Campamento Kamikaze está dirixido a estudantes, profesionais do audiovisual e creadores/as de contidos dixitais para internet. Serán tres días de convivencia e creatividade na contorna da praia de Razo e a serie resultante presentarase na apertura do V Carballo Interplay. As persoas interesadas en participar deben preinscribirse na web do Carballo Interplay, cubrindo un sinxelo formulario no que indicarán a que se dedican e que labor lles gustaría realizar no campamento. O prezo é de 150 euros e inclúe aloxamento e pensión completa para todos os días da actividade no Raz Surf Camp. O equipamento deberá achegalo o propio alumnado.

Prazos e premios

Este domingo, día 18, remata o prazo para presentar series á sección oficial do Carballo Interplay e optar aos máis de 5.000 euros en premios que repartirá o Festival. As persoas que non teñan unha serie producida, pero que si vontade de crear unha, teñen un mes máis para darlle forma ao seu proxecto e presentalo ao premio a proxectos de webserie en galego. Este premio, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet, ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da webserie do proxecto premiado. O prazo para presentar proxectos remata o 18 de marzo.

Compartir: