Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

CONSULTA AQUÍ TODOS OS PREMIOS

O multitudinario desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas certifica a excelente saúde do Entroido carballés

Despois dun domingo redondo, chega outro dos días grandes da festa, co baile de disfraces para maiores e o tradicional enterro da sardiña

Luns 12 de febreiro do 2018

Os xigantes de Liaño, gañadores do primeiro premio de carrozas, coa Charanga Mekánica

Os xigantes de Liaño, gañadores do primeiro premio de carrozas, coa Charanga Mekánica

O Entroido de Carballo mellora cos anos, e o espectáculo ao que asistimos onte confirma que estamos ante unha celebración de referencia moito máis alá da nosa comarca. Ata a nosa vila desprázanse carrozas e comparsas de toda a provincia, e todas teñen en común a altísima calidade dos disfraces, a orixinalidade da temática e unha coidada posta en escena. Se a todos estes ingredientes engadímoslles a multitudinaria resposta do público, o humor de Pepo Suevos, a animación da Charanga Mekánica, a marcha da orquestra Trébol e unha tarde fría pero sen choiva, o resultado non podía ser mellor: éxito total.

Como non pode haber premios para todos/as os/as participantes, o xurado ten a difícil papeleta de decidir, e onte tívoo especialmente complicado. Despois de moitas deliberacións, estes foron os premios:

  • Premio especial choqueiro de Bergantiños: O tractorista da carroza da Asociación Cultural O Candil (100 euros).
  • Individual infantil: 1º premio, Lucky Luke (90 €); 2º premio, O carpinteiro (70€); 3º premio, Manoliño camiño da xubilación (50€).
  • Individual adultos: La vespa se sencartón (60€).
  • Grupos infantil: Air bus (100€).
  • Grupos adultos: 1º premio, 97 Pippers de Bértoa (125€); accésit, O retorno do Jedi (90€).
  • Comparsas infantil: 1º premio, Super Mario Carballo (250€); 2º premio, Agasalliños galegos (110€); 3º premio, Sabores de colores (60€); accésit, Bicherío (60€).
  • Comparsas adultos: 1º premio, O último fojete (500€); 2º premio, As velutinas invaden Carballo (250€); accésit, Segredos no xardín (200€).
  • Carrozas: 1º premio, Os xigantes de Liaño (700€); 2º premio, El regreso de los pitufos 2 (400€).

Ademais, houbo gratificacións de 125 e 250 euros para as comparsas e carrozas cunha calidade mínima.

Máis de 500 persoas acudiron disfrazadas ata a Praza do Concello para desfrutar dun dos días grandes do noso Entroido, que rematou cunha verbena baixo carpa amenizada pola orquestra Trébol.

Martes de Entroido

Outra das citas que non podes perderte do Entroido de Carballo é a do Martes de Entroido. A festa comezará ás 18.00 horas co baile de disfraces para maiores, amenizado por Rocío Pérez, no Pazo da Cultura. Media hora despois a música soará tamén polas rúas, xa que contaremos coa animación da charanga Os Charangos. E ás 21.00 horas daremos a saída do Enterro da Sardiña desde a Praza do Concello ata o Parque do Anllóns, onde unha comitiva encabezada polo grupo de teatro Vagalume Animación e a Cruz Vermella de Carballo, á que pode sumarse todo o mundo, despedirán simbolicamente este frío pero divertido Entroido.



Galería

Compartir: