Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DOMINGO DE ENTROIDO

Centos de persoas teñen formalizada xa a súa inscrición no Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas

O Concello de Carballo repartirá máis de 7.000 euros entre gratificacións e premios

Sábado 10 de febreiro do 2018

Primeiro premio de carrozas do 2017

Primeiro premio de carrozas do 2017

O domingo 11 de febreiro, a partir das 18.00 horas, celebramos unha das actividades máis importantes do Entroido en Carballo, o tradicional Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas.

Unha vez rematado o primeiro prazo de incrición, o total de anotados para participar na edición deste ano ascende a 4 carrozas, 15 comparsas (10 na categoría de adultos e 5 na de infantís), 3 grupos (1 infantil e 2 adultos) e disfraces individuais, CUN TOTAL DE 450 PERSOAS DISFRAZADAS. O número e  procedencia dos concursantes exemplifica que o interese do desfile trascende a toda a comarca, xa que, ademais de concursantes de Carballo, participarán grupos de Santiago, Brión, Cambre, Arteixo, A Coruña, Carral, Vimianzo, A Laracha, Camelle ou Miño.

Estes datos aínda non son os definitivos, xa que para as modalidades de grupos e individuais o prazo remata o mesmo día do desfile. Os/as máis rezagados/as destas categorías poden facer a súa inscrición o domingo entre as 16.00 e as 17.00 horas na entrada da Casa do Concello. Como en anos anteriores, o concurso está dirixido tanto a adultos como a nenos e contempla diferentes modalidades de participación, individual, grupos, comparsas e carrozas, así como un premio especial ao Choqueiro de Bergantiños (participante que pode estar inscrito en calquera das categorías).

O concurso ten unha dotación económica de 7.215 €. Dado que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación, 3.500 € aproximadamente destínanse a gratificacións por participar de 125 ou 250 € (aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas que cumpran cos requisitos de participación e reúnan unha calidade mínima). Os 18 premios previstos están dotados con 3.765 €.

Pepo Suevos

Pepo Suevos

Esta nova edición do Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas será presentado polo actor Pepo Suevos, monologuista, guionista e humorista. O desfile estará animado pola charanga Mekanika. O xurado que terá a difícil tarefa de avaliar aos participantes estará presidido polo Concelleiro de Cultura e, ademais do presentador do acto, forman parte del representantes de varias entidades culturais de Carballo.

Percorrido do desfile

Este ano o desfile transcurrirá poloseguinte itinerario: rúas Cervantes, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela e  para os da categoría de adultos,  incluirá as rúas Cervantes, Gran Vía, Doctor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela. As comparsas e carrozas poderán realizar unha interpretación musical, coreográfica ou escénica diante do escenario dunha duración máxima de 2 minutos. A duración estimada do desfile é de 1h 30/45 min.

En consonancia coas recomendacións e medidas de seguridade que deberán cumplir os participantes, prégase aos espectadores que respecten os espazos reservados para eles, que non crucen as rúas mentres transcorre o desfile e, especialmente que os país vixilen aos nenos e manteñan aos nenos pequenos agarrados das mans. A Policía Local de Carballo e o Servizo Municipal e a Agrupación de Voluntatrios de Protección Civil serán os encargados de velar pola seguridade, aos que a Concellaría de Cultura, organizadora deste evento, agradece o seu labor e colaboración. Ademais colaboran para que todo se desenvolva correctamente a Brigada Municipal de Obras, o servizo de limpeza viaria Aspaber Ute e a concesionaria do alumeado público Ferroser – Ferrovial.

Baile de disfraces coa orquestra Trébol

Unha vez rematado o desfile, será a quenda do baile de disfraces, patrocinado pola Concellería de Terceira Idade, coa orquestra Trébol, orquestra vinculada a Carballo xa que varios dos seus membros son da nosa vila. No trasncurso do baile, aproximadamente ás 20.30h./21.00, realizarase e a entrega de premios.

As actividades están previstas para a Praza do Concello. Esperamos que as condición metereolóxicas nos deixen celebrar o desfile. Se se volvesen máis adversas pospoñeríase ou suspenderíase, xa que non está previsto o seu traslado.

Compartir: