Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Enchemos as nosas bibliotecas de cores e de propostas para que goces do inverno con todos os sentidos

Temos faladoiros, contacontos, solidariedade, cociña, literatura, ioga, cine, xornadas guerrilleiras... en moitas máis actividades para todas as idades

Venres 2 de febreiro do 2018

Como para gustos píntanse cores, nas bibliotecas de Carballo estamos dispostos a utilizar toda a paleta cromática para satisfacelos todos. Presentámosvos as Bibliotecas das Cores, espazos pensados para o silencio, como a Biblioteca do Museo; para a infancia, como a Ludoteca, ou para que, teñas a idade que teñas, poidas gozalos cos cinco sentidos, como é o caso da Biblioteca Rego da Balsa.

Nesta última estamos a desenvolver ao longo do inverno un programa no que atoparás as propostas máis diversas. Desde o faladoiro de hoxe co piloto Fran Gómez Pallas ata unha sesión de ioga para nenos e nenas de 3 a 6 anos, ou desde os famosísimos contacontos de ratiños ata os concertos de música alternativa do Curruncho Pop, desde un proxecto da escritora Rosalía Fernández Rial ata as Xornadas Guerrilleiras, ou desde un obradoiro de bonecas de trapo ou de customización de roupa ata unha proxección de cine. O caso é que ninguén quede fóra, e que todo o mundo, sexa como sexa e teña os gustos que teña, atope nas nosas bibliotecas as cores que lle gustan.

Na Ludoteca continuaremos tamén cunha programación propia e específica para nenos e nenas de 0 a 12 anos. Apuntade, porque teremos un obradoiro de cociña, máis nanocontos e ata unha masaxe shantala! No folleto e no cartel adxuntos atoparedes toda a programación detallada.

Descargas

Compartir: