Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

SAN XOÁN 2018

Constituída a comisión de festas, que mantén abertas as portas para todas as persoas que queiran sumarse

Mércores 10 de xaneiro do 2018 Cultura

Xa temos comisión de festas. O equipo que organizou o San Xoán 2017 renovou na súa totalidade, aínda que na primeira xuntanza, celebrada este martes pola noite, non puideron estar tres dos seus integrantes por distintos motivos. María José Souto Cristóbal continuará un ano máis á fronte da Asociación Cultural San Xoán, a entidade que se encarga da organización das celebración patronais coa colaboración do Concello de Carballo.

Ademais da concelleira de Festas, Mar Eirís, na comisión tamén figuran a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e o concelleiro de Mocidade, Daniel Pérez, que, entre outras tarefas, encárgase da organización do festival Rockin’. En representación do Concello de Carballo tamén participa a técnica de Cultura, Carmen Castro, e por parte da veciñanza figuran Gustavo Lorenzo, Sergio Varela, José Luis Fraga e Inés Rodríguez. Pero as portas da comisión continúan abertas á incorporación tanto de veciños/as a nivel individual como de entidades que queiran participar na programación dun dos principais eventos do ano no noso concello.

Neste sentido, a concelleira de Festas e a presidenta da comisión realizaron un convite a toda a cidadanía para contar cun equipo amplo e variado que responda á variedade social. As persoas interesadas só teñen que chamar ao Pazo da Cultura (981 704 300) e deixar os seus datos para poder ser convocadas para a vindeira reunión.

Compartir: